Magosto e reciclaxe

avatar Escrito por Nando Cameselle
8 de Novembro de 2012 a las 15:22h

Xa estamos novamente. Hoxe acabamos de aplazar o magosto para E. Infantil e E. Primaria: mira que porse a chover precisamente agora (fallaron as previsións vistas na rede).

É igual, celebrarémolo tan pronto como o tempo acompañe. Polo pronto, nenos e pais,  xa teñen feitos con material de refugallo diferentes recipientes para depositar as castañas asadiñas.

Os alumnos da ESO iamos a celebralo mañán: paseo dunha hora pola beira do río Tea ata chegar á Bouza Vella, pero vai ser que non. Seguiremos informando,….

Etiquetas: , , ,

Deja tu comentario

ojd