Archivo para Novembro, 2012

Novas do magosto celebrado cos alumnos da ESO

Mércores, Novembro 28th, 2012

Ola a todos:

Tivemos que celebrar o magosto nunha tarde que non choveu no patio do centro. Así pois, non puidemos facelo como en anos anteriores:

  • andaina á beira do río Tea ata a Bouza Vella (1 hora ida e outra volta por camiños de pescadores)
  • non pudemos desenvolver a actividade de descripción da paisaxe e análise do perfil do río,
  • non pudemos celebrar o magosto coas nosas cociñas solares (as horas de insolación foron insuficientes para o asado das mesmas). Este mes vai cheo de choiva ou néboa que se esvae a iso das 13 horas.

Cando as condicións ambientais sexan favorables retomaremos ditas actividades. Mentras, podemos visualizar as FOTOS do magosto que están colgadas na web do colexio.

Magosto e reciclaxe

Xoves, Novembro 8th, 2012

Xa estamos novamente. Hoxe acabamos de aplazar o magosto para E. Infantil e E. Primaria: mira que porse a chover precisamente agora (fallaron as previsións vistas na rede).

É igual, celebrarémolo tan pronto como o tempo acompañe. Polo pronto, nenos e pais,  xa teñen feitos con material de refugallo diferentes recipientes para depositar as castañas asadiñas.

Os alumnos da ESO iamos a celebralo mañán: paseo dunha hora pola beira do río Tea ata chegar á Bouza Vella, pero vai ser que non. Seguiremos informando,….

Curso 12_13

Venres, Novembro 2nd, 2012

TRAS UN LONGO PARÓN NA PUBLICACIÓN NO BLOG….. informaros que seguimos traballando: unha boa planificación é o primeiro requisito. Logo realizaremos as actividades deseñadas (algunhas delas xa deron comenzo), e seredes vós quen as poderedes avaliar a traverso deste blog.

Este ano eche moi ENERXÉTICO.

Ánimo e a traballar. 🙂

ojd