Vídeo 2 de 5 sobre o río Tea
Luns, Abril 30th, 2012Velaquí o segundo dos vídeos elaborados polos alumnos de 4º de ESO: Este vai sobre os factores abióticos.
Formamos hoxe, para toda a vida
Velaquí o segundo dos vídeos elaborados polos alumnos de 4º de ESO: Este vai sobre os factores abióticos.
Aitana poderá operarse.
Grazas a todos: alumnos, pais e profes por colaborar na recollida de tapóns dentro da campaña solidaria que levamos a cabo no cole.
Pagou na pena
Un ano máis os alumnos/as de 3º da ESO realizaron unha experiencia consistente na fabricación de xabón utilizando como materia prima aceite doméstico xa usado.
De novo, os alumnos e alumnas de 2º ESO no pasado mes de marzo, participaron nunhas sesións prácticas adicadas a coñecer como valorar a posible contaminación á que pode estar sometido un curso de auga. O lugar escollido para a realización das medicións e as mostraxes voltou a ser “A Moscadeira”. Non deixa de sorprenderlles que pequenos invertebrados que habitan no fondo do río poidan servir de valiosos indicadores do grao de contaminación do mesmo.
…e xa van uns cantos. Dende o ano 1999.
Desta volta fixémolo a finais de Marzo.
Como cada ano os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), dentro do proxecto “Voz Natura”.
Retiramos o lixo depositado a beira do río, convencidos, concienciados e finalmente orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural.
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.