Proxecto solidario dos alumnos de 6º de Primaria

avatar Escrito por pilardomingo
27 de Febreiro de 2012 a las 17:26h

Co lema “TODOS XUNTOS PODEMOS CAMBIAR O SEU MUNDO”, os alumnos de 6º de E. Primaria e a colaboración de toda a comunidade escolar do Colexio Santiago Apóstol acaban de facer entrega a SEUR de máis de 100 caixas de tapóns para a nena Aitana.

Estes tapóns recollidos de forma altruista pola Fundación SEUR son levados a unha planta de reciclaxe que aporta 300 € por tonelada recollida aos pais da nena AITANA.

Desde a ONG Anawin de Elxe que está a coordinar o proxecto e coa que estivemos en contacto todo o tempo que durou a campaña informounos que dan por rematada a recollida para Aitana e que teñen previsto realizar estas operacións cirúrxicas en España onde un grupo de expertos están a preparar a delicada intervención.

Agradecemos a participación de TODOS os pais e alumnos que nos facían, chegar cada día máis de 1000 tapóns, involucrando a moitos establecementos de Ponteareas e Vigo. Resaltamos a dedicación que a diario desenvolveron Paz, Ana Mª. e Noelia que durante todos os recreos deste trimestre se adicaron a contar e embalar as caixas cos tapóns. Noraboa pola vosa xenerosidade co voso tempo.

Nós, seguiremos recollendo tapóns para novas necesidades!

Etiquetas: , , ,

Deja tu comentario

ojd