Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (2)
Tras a súa participación en Galiciencia 2010, onde deron a coñecer os resultados dos seus traballos sobre a calidade da auga do río Tea en Ponteraeas, as alumnas de 3º de ESO, Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero preséntannos as memorias destes estudos onde se inclúen as conclusións ás que chegaron. PDF da memoria I PDF da memoria II


Podedes visualizar máis fotos de Galiciencia 2010 no noso álbum en Picasa
Etiquetas: ACTIVIDADES, biodiversidade, colexio santiago apostol Ponteareas, COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL Ponterareas, contaminación, depuracíón, EDUCACIÓN AMBIENTAL, medio ambiente, río Tea, SEMANA DA CIENCIA
Decembro 16th, 2010 at 8:50 am
É moi ilusionante ver a vosa implicación en distintas labores científicas e medioambientais. Noraboa a profesores e rapaces porque sodes un excelente exemplo a seguir. Quen quere, pode!!!!!!!!!.
E mención especial a Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez, María Otero e o seu titor José Manuel pola contundencia dos datos obtidos na análise do río Tea. Quen teña que ver, que vexa.
Equipo Voz Natura
http://facebook.com/voznatura
Xaneiro 28th, 2011 at 9:27 am
Vimos traballando desde 1998 na limpeza do río Tea. Ano a ano decatababámonos da impronta que deixaba no río os verquidos non depurados: as cheirumes eran unha boa constatación. Agora co voso traballo temos probas científicas (rigor fronte a manipulación)desta desfeita. Xa é hora de se tomen as medidas correctoras oportunas (e chegan as eleccións). O triste é que sabemos que está a acontecer o mesmo noutros pobos da provincia.
Novamente, noraboa chicas polo traballo, felicidades Jose por dirixilas.
Febreiro 9th, 2011 at 3:31 pm
Paréceme moi interesante o voso traballo, e posto que a min gústame moito realizar este tipo de experimentos, imos realizalo cos meus compañeiros de bioloxía e ao mesmo tempo serviranos tanto para aprender, como para coñecer o estado da auga do lugar no que vivimos.