Archivo para Decembro, 2010

Experimentos na Semana da Ciencia

Venres, Decembro 31st, 2010

Na Semana da Ciencia alumnos/as de Secundaria convertéronse en divulgadores do que aprenderon en clase e ensinaron aos seus compañeiros de secundaria e de primaria experimentos que  explican o por que de feitos cotiáns relacionados coa auga.

Os alumnos/as de Educación Primaria, seguiron con atención as explicacións e participaron activamente na experiencia.

 

Conferencia sobre os muíños na Semana da Ciencia

Mércores, Decembro 15th, 2010

Outra das actividades desenvolvidas co gallo da Semana de Ciencia foi a conferencia impartida por Andrés Sampedro (concellal de Cultura do Concello de Ponteareas e Presidente da Asociación de Amigos dos Muíños) e Javier Lores (ex-profesor e vicepresidente da citada organización).

A súa conferencia versou por un lado, sobre os tipos e funcionamento dos muíños de auga en Galicia, e por outro, na cultura asociada ao mundo dos muíños (tradicións, cantares, …) .

Alumnas presentando a D. Javier Lores (centro) e D. Andrés Sampedro

Nun momento da conferencia

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (2)

Mércores, Decembro 15th, 2010

Tras a súa participación en Galiciencia 2010, onde deron a coñecer os resultados dos seus traballos sobre a calidade da auga do río Tea en Ponteraeas, as alumnas de 3º de ESO, Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero preséntannos as memorias destes estudos onde se inclúen as conclusións ás que chegaron. PDF da memoria I PDF da memoria II

Podedes visualizar máis fotos de Galiciencia 2010 no noso  álbum en Picasa

Presentación do proxecto:”Consumo responsable da auga”

Mércores, Decembro 15th, 2010

Os alumnos de 3º de Educación Primaria presentaron a todos os alumnos o seu proxecto “O consumo responsable da auga” que levarán a cabo durante todo o curso  no noso centro. Noraboa a todos eles por explicarnos tan ben o que xa están a realizar: seguiremos as indicacións que nos recomendedes que fagamos a partires de agora. Bo traballo nenos; e noraboa tamén á profe que está a coordinar o seu traballo: Pili Gallego. Seguide así.

Nun momento da súa exposición

 

Podedes visualizar máis fotos no noso album en picasa.

Cestiñas de MAGOSTO

Luns, Decembro 13th, 2010

Os/as  nenos/as de Educación Infantil celebran o Magosto,  elaboraron unhas cestiñas para gardar as castañas con material de refugallo (briks de leite adornados polos seus pais).

 

 

Semana da Ciencia en Educación Infantil. “Experimentando coa auga”

Martes, Decembro 7th, 2010

O xoves 2 de decembro, os alumnos/as de educación infantil realizaron a súa actividade da semana da ciencia.
Foi unha tarde chea de experimentos coa auga que nos fixeron gozar, aprender curiosidades e tamén reflexionar. Puidemos experimentar cos sentidos, interactuar coa natureza da auga e formulámonos cal é a razón pola que uns corpos flotan, outros se afunden e algúns quedan mergullados sen moverse.
Foi unha tarde moi frutífera, tanto en diversión coma en aprendizaxe. Grazas Marta, Pili e  Montse por permitirme pasar unha tarde convosco  e os vosos alumnos/as. Ver fotos. 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd