Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (1)

avatar Escrito por Nando Cameselle
23 de Novembro de 2010 a las 20:49h

Cinco alumnas: María Domínguez,  Silvia Gille,  María Otero, Alicia Rodríguez,  e Marta Sestelo baixo a dirección do profesor Jose Davila presentan aos alumnos de ESO os seus proxectos investigadores dentro das actividades da semana da ciencia. Ditos proxectos serán presentados os días 24-26 en Galiciencia 2010 a celebrar en Tecnópole (Ourense).

A grandes rasgos diremos que estudaron as características físico-químicas no río TEA antes e despois da estación depuradora de augas residuais así como os macroinvertebrados existentes (que actúan como bioindicadores da contaminación).

Nun momento da exposición do seu proxecto

En fin, que nos aclararon (CON DATOS CIENTÍFICOS) o estado no que se atopa o noso río Tea, pero iso faranno neste blog ao longo dos vindeiros días logo do seu paso por Tecnopole.

Parabens polo seu sesudo e completo traballo. E tamén para o profe: grazas Jose.

Etiquetas: , , , , , ,

3 respuestas a “Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (1)”

  1. avatar Voz Natura dice:

    Moitísima sorte en Galiciencia e noraboa aos mestres e rapaces por tan tan valioso traballo de “inmersión” científica e medioambiental. A ver que dín eses resultados.

    Saludiños

    Equipo Voz natura

  2. avatar ana dice:

    Hola , quería felicitar a mis compañeras y profesores por el proxecto llevado a cabo…
    me pareció interesante poder ver el estado en el que se encuentra nuestro río:el río Tea

    SEGUIR ASÍ … INVESTIGANDO… E ENSEÑANDO

    BESOS

  3. avatar paula abalde dice:

    Este ano a semana da ciencia encantoume, e este traballo
    en concreto creo que é moi interesante, gustoume moito
    ¡¡¡ NORABOA!!!! polo boso traballo, tanto profes como alumnos.
    Espero que o ano seguinte sexa tan bo coma este, non mellor porque cada ano vos superades.

    Bicos a todos

Deja tu comentario

ojd