Archivo para Novembro 4th, 2010

O “cole” en GALICIENCIA 2010

Xoves, Novembro 4th, 2010

Dous traballos experimentais realizados por alumnas de 3º da ESO foron seleccionados para participar na feira científica de Galicia, Galiciencia 2010, que se desenvolverá os próximos 24, 25 e 26 de novembro en Tecnópole, Ourense.

 Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero, participarán na feira científica máis grande de Galicia, Galiciencia 2010, con dous stands propios compartindo con outros mozos e mozas de Galicia e doutras partes de España o seu esforzo e talento. Presentarán dous traballos experimentais, que integrados no proxecto medio ambiental  “Voz Natura” que desenvolve o colexio, foron elaborados por elas durante os meses de setembro e outubro de xeito totalmente voluntario. Os traballos, que son unha continuidade dos realizados polos alumnos e alumnas de 2º de ESO no pasado curso, profundizan no estudo da calidade da auga do río Tea, sinalando a contaminación por augas sen depurar como un dos máis graves problemas aos que se enfrenta este ecosistema fluvial. Antes de partir para Ourense, onde estarán os días 24, 25 e 26 de novembro, presentarán o seu labor aos/ás compañeiros/as da ESO como unha das actividades a desenvolver na “Semana da Ciencia” deste ano. Noraboa!

ojd