Archivo para Novembro, 2010

Contacontos na Semana da Ciencia

Mércores, Novembro 24th, 2010

O martes 22 de Novembro os alumnos de Ed. Primaria asistiron á charla impartida por Verónica e Victor de Ecoldivulga co título “O trotaaugas viaxa cara as Gándaras de Budiño”. Decubriron un mundo en cada un dos animais e vexetais dos nosos humedais.

Cine científico na Semana da Ciencia

Mércores, Novembro 24th, 2010

O martes 22 de novembro os alumnos de ESO visualizaron a película “Océanos”; e o mércores 23 foi a quenda dos alumnos de E. Primaria: fantásticas imaxes do mundo subacuático dos nosos mares e impactantes imaxes de denuncia do impacto da actividade humana sobre os nosos mares.

Para o mércores 23 está programado que a vexan os alumnos de E. Primaria.

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (1)

Martes, Novembro 23rd, 2010

Cinco alumnas: María Domínguez,  Silvia Gille,  María Otero, Alicia Rodríguez,  e Marta Sestelo baixo a dirección do profesor Jose Davila presentan aos alumnos de ESO os seus proxectos investigadores dentro das actividades da semana da ciencia. Ditos proxectos serán presentados os días 24-26 en Galiciencia 2010 a celebrar en Tecnópole (Ourense).

A grandes rasgos diremos que estudaron as características físico-químicas no río TEA antes e despois da estación depuradora de augas residuais así como os macroinvertebrados existentes (que actúan como bioindicadores da contaminación).

Nun momento da exposición do seu proxecto

En fin, que nos aclararon (CON DATOS CIENTÍFICOS) o estado no que se atopa o noso río Tea, pero iso faranno neste blog ao longo dos vindeiros días logo do seu paso por Tecnopole.

Parabens polo seu sesudo e completo traballo. E tamén para o profe: grazas Jose.

Escomenzou a semana da ciencia

Martes, Novembro 23rd, 2010

Por cuarto ano consecutivo celebramos a nosa particular semana da ciencia no colexio. Iniciámola coa presentación dos actos por parte de dúas alumnas (Laura alonso e Andrea Pardellas). Fixérono moi ben. Noraboa.

Podedes visulalizar máis fotos da presentación no noso album en Picasa

Semana da ciencia 10/11

Xoves, Novembro 18th, 2010

Escomenzamos a nosa IV Semana da Ciencia do 23 ao 26 de Novembro. Polo momento, facemos público o cartel coas activiades a realizar. Esperemos que sexan do voso agrado.

Os alumnos de ESO celebran o magosto

Xoves, Novembro 11th, 2010

Como xa aconteceu o ano pasado, os alumnos de ESO celebramos o magosto na Bouza Vella (camiñata á beira do río e xogos). Aproveitamos para sacar fotos á natureza e observar novamente a contaminación.

Tedes opción de visualizar todas as fotos no album do cole que subimos en Picasa

Camiño da Bouza Vella

De volta, cruzando o río Tea

O “cole” en GALICIENCIA 2010

Xoves, Novembro 4th, 2010

Dous traballos experimentais realizados por alumnas de 3º da ESO foron seleccionados para participar na feira científica de Galicia, Galiciencia 2010, que se desenvolverá os próximos 24, 25 e 26 de novembro en Tecnópole, Ourense.

 Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero, participarán na feira científica máis grande de Galicia, Galiciencia 2010, con dous stands propios compartindo con outros mozos e mozas de Galicia e doutras partes de España o seu esforzo e talento. Presentarán dous traballos experimentais, que integrados no proxecto medio ambiental  “Voz Natura” que desenvolve o colexio, foron elaborados por elas durante os meses de setembro e outubro de xeito totalmente voluntario. Os traballos, que son unha continuidade dos realizados polos alumnos e alumnas de 2º de ESO no pasado curso, profundizan no estudo da calidade da auga do río Tea, sinalando a contaminación por augas sen depurar como un dos máis graves problemas aos que se enfrenta este ecosistema fluvial. Antes de partir para Ourense, onde estarán os días 24, 25 e 26 de novembro, presentarán o seu labor aos/ás compañeiros/as da ESO como unha das actividades a desenvolver na “Semana da Ciencia” deste ano. Noraboa!

ojd