Experiencia piloto da actividade: “un día sen electricidade”

avatar Escrito por Nando Cameselle
14 de Novembro de 2009 a las 16:32h

Somos animais dependentes da electricidade? Poderiamos vivir sen as vantaxes que nos proporciona a tranformación de electricidade noutras formas de enerxía? Sabrías como sería un día da túa vida sen non dispuxeramos de electricidade?

Se queres dar coa solución a estas preguntas non tes máis que apuntarte á experiencia piloto que se desenvolverá nas vacacións de Nadal:

A nosa idea é que todos os integrantes do colexio experimentemos o que supón estar todo un día sen luz, ordenadores, móbiles, calefacción,… Pero antes diso é necesario facelo a pequena escala (grupo de voluntarios).

Para os participantes de 2º, 3º e 4º de ESO: A participación na experiencia piloto e posterior presentación de resultados terá unha valoración de 2 puntos sobre a nota do tema  “A electricidade” na área de Tecnoloxía para 2º e 3º; para os de 4º de ESO sobre a nota do tema “A electrónica”.

Máis información sobre a electricidade en unesa, e materiais curriculares para jóvenes premiados polo MEC como “Iniciación a la Electricidad/electrónica”, ou “Introducción a la electricidad”.

Etiquetas: , , ,

3 respuestas a “Experiencia piloto da actividade: “un día sen electricidade””

  1. avatar Nando Cameselle dice:

    Polo momento só unha alumna de 4ºA comentou estar interesada en realizar dita experiencia, pero non o fixo a través do blog. Parece que os alumnos de 3º de ESO non están pola labor, xa que logo, intentaremos involucrar tamén aos alumnos de 2º de ESO e 4º de ESO.

  2. avatar rocio dice:

    Eu si que fixen a experiencia nas vacacions.Pero como é o tema do traballo?

  3. avatar Nando Cameselle dice:

    Moi ben Rocío. Explicarémolo nun recreo e redactaredes a vosa experiencia neste blog.

Deja tu comentario

ojd