Archivo para Novembro, 2009

Lembramos os 150 anos da TEORIA DA EVOLUCIÓN de Darwin

Venres, Novembro 27th, 2009

O 24 de novembro de 2009 cumpríronse 150 anos da publicación do famoso libro de Charles DarwinA orixe das especies”. Esta data serviunos para botar o peche a actividade que vimos desenvolvendo dende hai seis semanas contorno a figura deste extraordinario naturalista inglés. Daquela:

Nenos, nenas, pais e nais contemplando os paneis.

  • Proxectamos ao longo da semana, para todos os/as alumnos/as da ESO, o documental da BBC “Charles Darwin and the tree of life“.
  • Expuxemos nese mesmo día no patio do cole, a nais, pais e os compañeiros de primaria, todos os paneis que serviron neste tempo para COÑECER A DARWIN.
  • Demos por rematado o concurso que complementaba a actividade coa publicación dos resultados e o anuncio das gañadoras:
  1. Leticia Columna Amoedo: 4º ESO A
  2. Leidy Lorena Guerra Ochoa: 4ºESO B
  3. Giovanna de Carballo Gomés: 4º ESO A

NORABOA AS TRES GAÑADORAS POLA SÚA CONSTANCIA E BÓ SABER, E TAMÉN AOS OUTROS 80 ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON DE XEITO VOLUNTARIO NESTE CONCURSO.

HISTORIAS DUNHA ÁRBORE MILENARIA

Venres, Novembro 20th, 2009

Eran as nove da mañá e os nenos do primeiro ciclo de primaria e as súas profes, aínda despreguizándose e ben abrigadiños protexéndose do frío, agardaban ansiosos o momento de coller o autobús que lles transportaría ao auditorio de Caixanova en Vigo. Alí agardaban, xa vestidos coas súas ropaxes, o grupo de actores dunha fantástica obra de teatro onde, entre todos, aprenderían a necesidade de respetar e protexer a natureza.

Na viaxe, non faltaron os cánticos tradicionais dunha típica saída escolar, facendo saber ao conductor que de garganta …. imos ben. Por sorte, fomos o segundo colexio en chegar, así que collemos os mellores asentos para non perder detalle. E por fin …. apáganse as luces, os nenos acomódanse nos seus asentos e o escenario ilumínase deixando ver o decorado.

A obra contaba a historia dun leñador moi ambicioso e da última árbore que lle quedaba por cortar. Pero a árbore, a través de contos e fábulas, faille entender a importancia do bosque, dos animais, da terra, da auga e sobre todo, do respeto pola vida, dunha forma divertida onde atopará novos amigos.

 

DARWIN. VEXO E APRENDO. FAGO E ENTENDO.

Martes, Novembro 17th, 2009

Os nenos de 5º de Primaria estivemos preparando este PPT sobre DARWIN para conmemorar os 200 anos do seu nacemento.

Amosamos o noso traballo aos nosos compañeiros de 6º que tamén aprenderon sobre o tema.

Agora temos colgadas as diapositivas no noso pavillón para compartilo con todos os alumnos de Primaria.

Se queres saber máis ¡VEN A VISITARNOS!.

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Experiencia piloto da actividade: “un día sen electricidade”

Sábado, Novembro 14th, 2009

Somos animais dependentes da electricidade? Poderiamos vivir sen as vantaxes que nos proporciona a tranformación de electricidade noutras formas de enerxía? Sabrías como sería un día da túa vida sen non dispuxeramos de electricidade?

Se queres dar coa solución a estas preguntas non tes máis que apuntarte á experiencia piloto que se desenvolverá nas vacacións de Nadal:

A nosa idea é que todos os integrantes do colexio experimentemos o que supón estar todo un día sen luz, ordenadores, móbiles, calefacción,… Pero antes diso é necesario facelo a pequena escala (grupo de voluntarios).

Para os participantes de 2º, 3º e 4º de ESO: A participación na experiencia piloto e posterior presentación de resultados terá unha valoración de 2 puntos sobre a nota do tema  “A electricidade” na área de Tecnoloxía para 2º e 3º; para os de 4º de ESO sobre a nota do tema “A electrónica”.

Máis información sobre a electricidade en unesa, e materiais curriculares para jóvenes premiados polo MEC como “Iniciación a la Electricidad/electrónica”, ou “Introducción a la electricidad”.

Xa podemos “coñecer mellor” a Darwin

Venres, Novembro 13th, 2009

Unha das portadas dos libros doados

O CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) doa para a nosa biblioteca 7 libros coa tradución ao español de importantes obras de Charles Darwin.

Xunto coa exposición-concurso “Coñecendo a Darwin”, se queredes seguir afondando na figura deste extraordinario científico, podedes visitar a biblioteca do centro e consultar ou recoller en préstamo calquera destos títulos:

A variación dos animais e as plantas baixo domesticación (2 tomos).

– Plantas insectívoras (2 exemplares).

– Os movementos e hábitos das plantas trepadoras (2 exemplares)

– A estrutura e distribución dos arrecifes de coral (2 exemplares)

PÁSATE POLA NOSA BIBLIOTECA !!

Primeiros datos deste curso do papel reciclado nas aulas

Martes, Novembro 10th, 2009

A cousa vai.

No mes de Octubro temos recollido 35.5 Kg de papel nas aulas.

Pero lembrade:

      1-. compre non estragar o papel

      2-. reutiliza o papel que poidas para outras tarefas escolares (facer contas, repetir esquemas,…)

      3-. dalle outra utilidade ao papel que vas a tirar (facer guirnaldas, construir xoguetes,…)

      e por último a reciclar para obter novamente a materia prima.

Concursiño: 0’5 puntos extra para o tema de “materiais” de Tecnoloxía de 2º e 3º de ESO para quen indique de que materia prima estamos a falar.

Así celebramos o magosto os alumnos de ESO

Mércores, Novembro 4th, 2009

Os alumnos de ESO celebramos un magosto no parque forestal “A Bouza Vella” en Ganade (Ponteareas). Saímos andando desde o colexio e fumos pola beira do río Tea. Visualizamos as árbores da ripisilva, a depuradora de Ponteareas que non cumple coa súa función, a acción da auga sobre as beiras do río,… pero tamén o pasamos ben xogando e comendo todos xuntos. Velaí como vivimos esta xornada.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd