Archivo para Outubro, 2009

Reciclamos papel de aluminio das merendas

Venres, Outubro 30th, 2009

Os nenos de E.I. 5 anos estamos a realizar na clase unha actividade na hora do recreo:”Seleccionamos o papel envoltorio do bocadillo”.

Se é papel de aluminio facemos unha bóla que imos a utilizar como adorno de Nadal, para explicar os conceptos grande-pequeno e o de esfera; se é plástico tirámolo ao colector amarelo.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

TRABALLANDO A DARWIN

Xoves, Outubro 29th, 2009

Os/as alumnos/as de 5º de primaria están a realizar unha presentación de PPT sobre os aspectos máis salientables de Charles Darwin neste ano no que celebramos os 200 anos do seu nacemento.

Este traballo, unha vez rematado será amosado neste BLOG.

Nuria e Angel traballando
Alba e Rubén

Catro profesores do colexio formámonos na administración do noso Blog

Martes, Outubro 27th, 2009

Curso de blogs en TELECO (UVigo)Viñan sendo as seis da tarde, cando chegamos a ETSE de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

Logo de atopar o aula, non sen dificultade, Oscar o noso formador, presentouse a todo o grupo e comenzou presentando os obxectivos destas xornadas organizadas por VOZ NATURA. De seguido, e despois de facer unha breve disertación do que son os blogs, pasamos sen máis dilación … A TRABALLAR.

Xa estamos no curso de BLOGS (VOZ NATURA)

Máis vídeos da Semana da Ciencia 08/09

Xoves, Outubro 15th, 2009

Cristian Do Carmo ten subido a youtube varios vídeos que amosan a elaboración da súa casa ecolóxica na pasada edición da Semana da Ciencia. Noraboa CRISTIAN

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Escomenzamos a traballar a biodiversidade estudando a Darwin

Mércores, Outubro 14th, 2009

Paneis da exposiciónCo gallo do bicentenario do nacemento de Charles Darwin e dos 150 anos da publicación de “A Orixe das especies” estamos a realizar no pavillón de secundaria  unha exposición-concurso que ao longo de seis semanas  terá diferentes contidos sobre a vida e traballo deste prolífico científico pai da bioloxía moderna.

Podedes consultar máis información no taboleiro sito no pavillón de secundaria.

Tamén neste enderezo:

http://www.darwin2009.csic.es/

Clicando en exposición vitual poderedes atopar uns interesantes recursos didácticos:

http://www.darwin2009.csic.es/exposicion.jsp

Adiante!!!

Os profes recibirán unhas nocións básicas para o traballo no blog

Martes, Outubro 13th, 2009

Estamos que non paramos: Despois da información escrita facilitada ao profesorado tense decidido dar unha pequena charla sobre o funcionamento do noso blog con dous obxectivos:

  • dar a coñecer a todo o claustro a imaxe que estamos xerando do noso traballo (do seu traballo)
  • fornecer dunhas nocións básicas que permitan a todo o profesorado participar activamente no blog

Esperamos que logo cada profesor sexa quen de fornecer de ditas nocións ao seu alumnado e os faga partícipes activos no devenir do blog.

Máis información sobre o funcionamento dun blog no blog maestro de voz natura:

http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/

Un alumno elabora un vídeo sobre a Semana da Ciencia

Venres, Outubro 9th, 2009

Coas fotos da Semana da Ciencia celebrada no curso 07/08, este verán do 09  e tras rematar 4º de ESO,  Diego Alonso elaborou un vídeo que podedes visualizar en dous partes.

Disfrutádeo, de seguro que apareces expondo algún dos experimentos.

Por certo, GRAZAS DIEGO.

Semana da Ciencia 07/08 (1ªParte )

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Recollida de papel usado nas aulas

Mércores, Outubro 7th, 2009

Xa estamos reciclando o papel que xeramos nas aulas. O día 6 de Octubro realizamos a primeira recollida de todo o papel xerado nas aulas do centro.

Recollimos 18 Kg de papel nestes 15 días. Velaquí como o facemos:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Pero lembrade, o obxectivo é moderar o consumo de papel (REDUCIR)  e antes de depositar a reciclar é mellor usalo para outras cousas (facer contas, …) REUTILIZAR

Enumeración de actividades curso 09/10

Luns, Outubro 5th, 2009

 Escomenzamos o curso escolar e isto é o que pretendemos. A traballar!!!!

 


CURSO
ACTIVIDADE
1º PRIM

1.         Reciclamos papel, plásticos, bricks, pilas e materia orgánica

2º PRIM

2.         Obradoiro de xoguetes con material de refugallo

2º PRIM

3.         Construcción de instrumentos musicais a partires de material de refugallo

3º PRIM

4.         Reciclamos papel, plásticos, bricks, pilas e materia orgánica (reforzo e ampliación)

4º PRIM

5.         Viveiro de árbores autóctonas

5º PRIM

6.         Construcción de cocopelos

6º PRIM

7.         Reducir, Reemplazar, Reutilizar e Reciclar

1º ESO

8.         Obradoiro de papel reciclado

1º ESO

9.         Identificación das árbores existentes na ripisilva

1º ESO

10.    Identificación de distintos vertebrados existentes na ripisilva

1º e 2º ESO

11.    AMPLIACIÓN: Reconstrucción da estación meteorolóxica  destruída por un temporal e obtención de datos da estación meteorolóxica

2º ESO

12.    Estudio da xeomorfoloxía derivada do río

2º ESO

13.    Cálculos da velocidade e aceleración da auga do río Tea

2º , 3º ESO

14.    Limpeza do entorno da Ripisilva

3º ESO

15.    Obradoiro de xabrón caseiro

3º ESO

16.    Análise das rochas e minerais existentes no río Tea

ESO

17.    NOVA: Recuperando a biodiversidade no río Tea

ESO

18.    3ª EDICIÓN da Semana da ciencia: “Coa reciclaxe toda unha ciencia”

ESO/CENTRO

19.    2º EDICIÓN  “Un día sen electricidade”

 

4º ESO

20.      AMPLIACIÓN: construción de novas maquetas electrónicas de enerxías renovables

AULA NATUREZA

21.    Recollida quincenal do papel usado nas clases do Centro

 3º, 4º PRIM AULA NATUREZA

22.    Plantación de árbores nos montes da Comarca

CENTRO

23.     BLO-G-ando

 

ojd