Benvidos ao noso blog

avatar Escrito por Nando Cameselle
10 de Marzo de 2009 a las 18:39h

Desde o Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas (Pontevedra) queremos darvos a benvida ao noso blog. Somos un centro que imparte Ed. Infantil, Ed. primaria e ESO, e estas tres etapas educativas traballan conxuntamente nun proxecto multidisplinar, que ten como base o traballo de HÁBITOS E VALORES POSITIVOS na EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Levamos participando desde a 3ª edición de Voz Natura. Nestes anos temos conseguido os seguintes RECOÑECEMENTOS:

  • Premio Provincial (Pontevedra) na 7ª edición. Curso (03/04):

Traballando hábitos e valores en educación ambiental

  • PREMIO GALICIA na 11ª edición. Curso (07/08):

¡Que gusto! Todo un lustro traballando hábitos e valores en educación ambiental

OS NOSOS OBXECTIVOS:

  1. Limpeza do noso entorno (ripisilva do río Tea e o noso centro)
  2. Estudo e conservación do noso entorno
  3. Adquisición de hábitos e valores positivos relacionados coa E. A.

Etiquetas: , , , ,

3 respuestas a “Benvidos ao noso blog”

  1. avatar Oscar dende o Blog Maestro de Voz Natura dice:

    Boa presentación Fernando. Vese que facedes moitísimas cousas e queremos velas toas, tes moito material para publicar, album antigo, e moito vai no dia a dia do que facedes no centro. Non esquenzas que a partir de agora os teus alumnos son a tua audiencia e estás dirixíndote a eles. Busca tamén colaboradores!!!. Os rapaces de ESO xa poden decir moitas cousas.

  2. avatar Diego Alonso(4º A) dice:

    Boas Nando!esta é unha moi boa idea pero seria mellor con videos pero non de fotos, mellor facendoo mentres traballamos nos nosos proxectos.
    Eu me comprometo para facer un video con imaxes da semana da ciencia,e para que os poidas poñer no blog.
    un saudo

  3. avatar Nando Cameselle dice:

    Perfecto, tomámosche a palabra; ¿algúen máis se apunta a este tipo de traballiño? Ánimo.

Deja tu comentario

ojd