Kauka, o chimpancé apadriñado polos alumnos de 5º de Primaria

Escrito por pilardomingo
4 de Maio de 2012 a las 18:16h

ChimpAmig@s é un programa do Instituto Jane Goodall España a través do que se está apoiando aos máis de 150 chimpancés que viven no Centro de Recuperación de Tchimpounga na República do Congo. Grazas aos fondos que se obteñen a través do programa ChimpAmig@s é posible dar os coidados, alimentos e instalacións necesarias para que todos os chimpancés teñan unha segunda oportunidade. OS ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA LOGRARON APADRIñAR A KAUKA.

Cando Kauka foi traído a Tchimpounga como bebé, aínda non podía camiñar. Chegou con febre, diarrea, desnutrición e deshidratación. O persoal do Centro pasou incontables noites e días coidándoo para que sobrevivira. Arribou en tal estado de deshidratación que as coidadoras decidiron bautizalo “Kauka”, que significa “seco” na lingua local. Despois da obrigada cuarentena, Kauka foi integrado no grupo dos máis pequenos e rapidamente recuperou forzas e autoconfianza. Bichica, unha chimpancé xove que se amosa moi interesada nas crías horfas que chegan, escapou un día do seu grupo sen que ninguén a vira e se meteu na instalación das crías para xogar con elas, especialmente con Kauka, que se transformou no seu bebé favorito, ao que fai grooming e carga no lombo.

3 murais explicativos no río Tea

Escrito por Nando Cameselle
4 de Maio de 2012 a las 9:50h

Os alumnos de 4º de ESO elaboraron xa 3 murais explicativos dos ecosistemas que teñen como base a ripisilva no río Tea. Noraboaaaa!!!

Vídeo 2 de 6 sobre o río Tea

Escrito por Nando Cameselle
30 de Abril de 2012 a las 15:55h

Velaquí o segundo dos vídeos elaborados polos alumnos de 4º de ESO: Este vai sobre os factores abióticos.

Aitana poderá operarse

Escrito por pilardomingo
10 de Abril de 2012 a las 11:41h

Aitana poderá operarse.

Grazas a todos: alumnos, pais e profes por colaborar na recollida de tapóns dentro da campaña solidaria que levamos a cabo no cole.

Pagou na pena

Fabricamos xabón con aceite de refugallo

Escrito por maricarmenporto
9 de Abril de 2012 a las 19:36h

Un ano máis os alumnos/as de 3º da ESO realizaron unha experiencia consistente na fabricación de xabón utilizando como materia prima aceite doméstico xa usado.

Estudo da calidade da auga do río Tea 2012

Escrito por josedavila
7 de Abril de 2012 a las 2:35h

De novo, os alumnos e alumnas de 2º ESO no pasado mes de marzo, participaron nunhas sesións prácticas adicadas a coñecer como valorar a posible contaminación á que pode estar sometido un curso de auga. O lugar escollido para a realización das medicións e as mostraxes voltou a ser “A Moscadeira”.  Non deixa de sorprenderlles que pequenos invertebrados que habitan no fondo do río poidan servir de valiosos indicadores do grao de contaminación do mesmo.

Un ano máis, non nos esquecemos de limpar…

Escrito por josedavila
3 de Abril de 2012 a las 18:42h

…e xa van uns cantos. Dende o ano 1999.

Desta volta fixémolo a finais de Marzo.

Como cada ano os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), dentro do proxecto “Voz Natura”.

Retiramos  o lixo depositado a beira do río, convencidos, concienciados e finalmente orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural.

Limpeza Tea 2012 Slideshow: Colexio’s trip to Ponteareas, Galicia, España was created by TripAdvisor. See another Ponteareas slideshow. Create your own stunning slideshow with our free photo slideshow maker.

Vídeo 1 de 6 sobre o río Tea

Escrito por Nando Cameselle
22 de Marzo de 2012 a las 5:36h

Os alumnos de 4º de ESO acaban de editar o seu primeiro vídeo divulgativo que ten como base o río Tea. Neste primeiro vídeo trátanse os aspectos xerais: explicacións dos conceptos de  ecosistema, comunidade, biocenose, hábitat e biotopo.

Noraboa, estamos á espera de máis.

O Seprona danos unha charla sobre os incendios

Escrito por Nando Cameselle
6 de Marzo de 2012 a las 23:10h

Dous integrantes do Seprona déronnos unha charlas sobre a súa laboura a nivel xeral e sobre os incendios a nivel máis concreto.

Coma nós estamos a velar pola mellora do noso entorno. Grazas.

Proxecto solidario dos alumnos de 5º de Primaria

Escrito por pilardomingo
27 de Febreiro de 2012 a las 17:27h

Os alumnos de 5º de Primaria están participando na campaña “MOBILÍZATE POLA SELVA” da Fundación Jane Goodall.

Esta campaña que se enmarca dentro da protección dos ecosistemas onde habitan os chimpancés na República Democrática do Congo onde se extrae o coltán imprescindible para a fabricación dos compoñentes electrónicos de moitos aparellos tecnolóxicos.

Nós xa enviamos 60 móbiles que non utilizamos e a fundación faranos padriños de dous chimpancés; cando teñamos outros 30 (só faltan 19) apadrinaremos outro chimpancé máis. ANIMÁDEOS A SEGUIR DOANDO OS MÓBILES QUE NON USEDES.

ojd