SEMENTEIRO NA AULA EN 3º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 3°A e 3°B EP aproveitando que estabamos a dar a unidade das plantas en Ciencias Naturais decidimos levar a cabo un sementeiro dentro das nosas clases, isto serviranos como práctica para cando vaiamos plantar a horta colexial.

Precisamos dun vaso de iogur baleiro, un pouco de algodón e algunhas sementes de fabas, garavanzos ou lentellas. Coa axuda da mestra colocamos  o algodón humedecido dentro do vaso e puxemos coidadosamente as sementes enriba, co paso dos días regabamos as nosas sementes e observabamos como ían crecendo as raíces, o talo, as follas e ás fabas flores.

Esta entrada fue publicada en PRIMARIA y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *