Archive

Posts Tagged ‘Preguntoiro científico’

Un paxaro na escola

Entrou un paxaro na escola con gañas de aprender, non sabía ler, aprendeu a ler.

Entrou despistado e non encontraba a saída,  axúdámolo a sair.

Unha pregunta, de que especie se trata?

Sinala o nome común en castelán e galego nos comentarios. Haberá premio.

Podes buscar no enlace a sociedade española de ornitoloxía SEO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Preguntoiro científico

Ao longo do presente curso académico, aproveitaremos o blog de Voz Natura para propoñer cuestións que teñan relación coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.

Unha vez ao mes, aproximadamente, propoñerase unha cuestión. Podedes participar enviando a vosa resposta como comentario. As respostas terán que ser en galego, e valorarase o rigor, a claridade e a orixinalidade.INTERROGACION-HOMBRE-PENSANDO

De entre todas as respostas, escollerase unha gañadora, tendo en conta o anterior.                O gañador recibirá un diploma.

(A idea está tomada do concurso  O Preguntorio Científico da web Educabarrié, no que vos animamos a participar).

Imos coa primeira cuestión.

Alfred_Nobel_mirrored

No ano 1911 concedéronlle o Premio Nóbel a unha persoa que xa o gañara con anterioridade. Foi a 1ª persoa en gañalo dúas veces. O 1º premio foille concedido por codescubrir unha propiedade da materia, que ten relación coas enerxías non renovables.

De quén estamos a falar e cal é a propiedade da materia pola que recibiu o seu 1º Premio Nóbel?