Archive

Posts Tagged ‘Pinus radiata’

Pinos

O monte en Galicia ocupa o 68% do territorio – 2 millóns de hectáreas-  segundo o terceiro inventario nacional, publicado polo MARM (Ministerio do medio ambiente, rural e mariño).

A presenza de pino é  altísima: dos case 3 millóns de hectáreas de formacións forestais e non forestais (agrícola e improductivo) case o 25% do territorio son pinos. En 737.200 hectáreas hai formacións forestais con pinos, ben en monocultivo ou mesturado con eucalipto, incluso con carballo.

Que pinos son?.  Como se chaman?. Como distinguilos?.

Pinus pinaster, Pinus sylvestris, Pinus radiata, Pinus pinea.

A seguinte presentación en slideshare pretende axudar.