Archive

Posts Tagged ‘Noia Ruta Xacobea’

Fiera do medioevo no colexio Jaime Balmes

Estamos reivindicando a ruta Xacobea do Portus Apostoli, de Noia a Compostela

O proxecto do colexio Totum Bonun lévase a cabo en varias fases, a primeira en decembro ver artigo de «La voz de Galicia»

El Jaime Balmes pisó el pasado noiés

Ver Album de fotos de decembro

A segunda en marzo:

Pincha aquí para ver o album de fotos feito por «la Voz de Galicia».

Ver album de fotos de Marzo.

Pincha no enlace  ao titular:

El centro educativo Jaime Balmes viajó a los orígenes de Noia

Como traballamos?

Primera fase, decembro 2017.

Fase Previa: en decembro levamos a cabo un proxecto de comprensión, cambiou o horario e a maneira de traballar. Pedimos aos alumnos que organizasen grupos de 4-6 alumnos, e que leven para a casa o material (libros, cadernos) que non van precisar e que traian firmada a autorización para empregar o móbil.

  1.   Acontecemento inicial:  os alumnos atoparon na porta do edificio, polos corredores e na aula imaxes e preguntas que serviron de fíos condutores.
  2.   Charla: baixamos a Noia,  ao Coliseo Noela para asistir a unha charla sobre aspectos relacionados co pasado medieval de Noia. Polos profesores Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal e o fotógrafo Suso Xogaina.
  3.   Visita: cada grupo-clase realizaron unha  ruta pola vila, visitando os distintos puntos nos que atopar as pegadas do noso pasado medieval:

A ponte de Traba.

Porta do Hospital de Afora.(Concello)

Hospital de Adentro.

Pazo Dacosta.

Casa da Xouba.

Pazo do Forno do Rato.

Igrexa de San Martiño de Noia e Fortaleza do Tapal.

Santa Mª a Nova e as laudas gremiais.

 

  1.   Busca de información: de volta na aula, cos miniportátiles e o material impreso dispoñible (posibilidade de organizar unha biblioteca na aula de atención), os alumnos buscan a información que van empregar no seu produto. Cada profesor vai pasando polas aulas que lle corresponden segundo o seu horario, servindo como guías nesta tarefa.

5.   Elaboración do produto: os alumnos elaboraron o seu produto.