O día 1 de marzo de 2013 realizamos a limpeza das praias do Concello de Noia. Ese día recollimos moito vidro, máis que o ano pasado, así que para reciclalo debíamos botalo en contenedores “iglús”, pero na praia de Testal e Boa non había. A profesora de lingua María José Viña foi a responsable da actividade.
Limpeza das praias do litoral do Concello de Noia. De Taramancos a Boa Grande.
Día: 24 de Febreiro. Hora: de 10 a 13 horas.
Asistirán: 3º e 4º de primaria e 1º e 2º de secundaria.
A idea de limpar unha praia vai ter un grande impacto no alumnado, que non esquecerá a cantidade de lixo que recolleu; polo tanto, a sensibilización está garantida. Escollemos para o proxecto o litoral dende Taramancos a Boa Grande do concello de Noia. Ademais, é espazo protexido pola rede natura 2000, LIC de Esteiro do Tambre.
Obxectivos específicos: Valorar o traballo en equipo e a solidariedade.
Manexar a ferramenta necesaria (exemplo: o pincho).