Archive

Posts Tagged ‘leitugas’

Plantamos na horta da escola

O pasado 29 de setembro, os alumnos de 5º de primaria baixaron á horta escolar para plantar as primeiras plantas do curso. As especies elixidas foron repolos, leitugas, coliflores e grelos.

IMG_5305 IMG_5283 IMG_5301

As primeiras leitugas do ano

Por fin recollemos as primeiras leitugas do invernadoiro que con tanto esmero coidaron os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria. Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades as nosas caras de satisfacción polo traballo ben feito.


Cousas da horta

Galería fotográfica (en Slideshare)  das actividades de horta.


Atópaste nas fotos?
Que botas en falta?
Que che parece?

Fai un comentario

Sementar sementarei…

«Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no povo medre
un meniño, un vello e un cantar…»

Para que poidan aprender a sementar, na horta do colexio facemos unha iniciación ás técnicas básicas da sememteira. Aquí engádese unha presentación sobre Cousas da horta:


A letra da canción-himno é de Fuxan os ventos

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Imos a horta

Os alumnos de 1º e 2º de ESO, están a preparar o terreo para sementar. Toca cavar, cavar en profundidade, enterrar o legón ou o sacho, voltear a terra, esponxala, toca cavar, cavar é duro, toca saír a horta, sáir é gustoso.

Para poder prantar con con éxito e recoller o froito debemos preparar ben o terreo de cultivo, utilizamos o sistema de cava en profundidade.

Terreno

Read the rest of this entry »