Archive

Posts Tagged ‘Galicia’

Lume nas Fragas do Eume

Incendio forestal nas Fragas do Eume.

Pincha sobre a imaxe.

Pinos

O monte en Galicia ocupa o 68% do territorio – 2 millóns de hectáreas-  segundo o terceiro inventario nacional, publicado polo MARM (Ministerio do medio ambiente, rural e mariño).

A presenza de pino é  altísima: dos case 3 millóns de hectáreas de formacións forestais e non forestais (agrícola e improductivo) case o 25% do territorio son pinos. En 737.200 hectáreas hai formacións forestais con pinos, ben en monocultivo ou mesturado con eucalipto, incluso con carballo.

Que pinos son?.  Como se chaman?. Como distinguilos?.

Pinus pinaster, Pinus sylvestris, Pinus radiata, Pinus pinea.

A seguinte presentación en slideshare pretende axudar.


Dureza da auga

Inicialmente, a dureza da auga foi definida como a capacidade de precipitar xabrón. Esta precipitación é debido principalmente á presenza de calcio e magnesio.

A dureza depende, sobre todo, a cantidade de ións de calcio e magnesio disoltos na auga. Outros compoñentes de metal, como o ferro e o estroncio tamén contribúen á dureza da auga, pero normalmente aparecen en cantides pequenas. A dureza da auga non ten efectos negativos directos pra a saude e o medio ambiente, aínda que sí que provoca outros inconvenientes como o aumento do risco de rotura dos electrodomésticos e perigo de obstrucción de tuberías debido á cal.

Ademáis, si a auga é dura necesítase mayor cantidade de xabrón ou deterxente para manter o seu poder de lavado. As aguas blandas escuman con máis facilidade cas blandas.

Mapa de dureza del agua en España

  • Como medir a dureza.

Mídese en partes por millón (ppm) de carbonato cálcico.

Read the rest of this entry »