Archive

Posts Tagged ‘entrevista’

TV Balmes Natura presenta: Entrevista a Xan Portela

O vídeo que a continuación mostramos é o primeiro dunha serie de proxectos que temos pensado realizar no marco da recentemente inaugurada televisión Balmes Natura, presentada polas nosas mascotas – reporteiros Bertiña e Antón. Reportaxes, entrevistas e outros xéneros xornalísticos serán ofrecidos a todos por un salmón e unha troita, que se converten no fío condutor de múltiples tarefas, neste curso de estudo das augas.

Este vídeo foi elaborado pola profesora de Educación Primaria Isabel Fontano, quen se encargou de coordinar a entrevista, ademais da gravación e da edición. Os alumnos de 6º de Primaria David Chaves e Camila Piñeiro entrevistaron ao axente medioambiental Xan Portela, quen acudira ao colexio para expoñer o estado actual do sapoconcho común.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Os lumes

Entrevista publicada no diario “La Voz de Galicia”, firmada por Carlos Punzón e feita a Serafín González  investigador do CSIC i experto en análise de solos.

Tema: Os incendios forestais.

Incendios by alsuvi

Depois de leer o texto contexta mediante os comentarios a estas preguntas:

1. Canto tarda o monte en rexenerarse?

2. Que medidas deberían tomarse según Serafín González?

Escritas con enerxía

Escritas Con Enerxia by alsuvi