Caixas niño para paxaros
enero 13th, 2011 No Comments »
A observación dos paxaros no seu contorno é moi interesante, para poder facelo as caixas niño son un bo sistema. Nesta entrada preténdese indicar como construír e instalar unha caixa niño en sinxelos pasos.
Enlace a pdf da sociedade española de ornitoloxía seo /birdlife), sobre caixas niño.
Materiais necesarios.
Lapis de carpinteiro. Táboa de madeira de piñeiro de 2 cm. de grosor. Serrucho ou serra de calar eléctrica. Puntas ou parafusos para madeira. Broca de coroa ou fresa para adaptar a unha trade, de 35 a 45 mm. de diámetro. Torniquetas. Cable ou corda para atar (cable eléctrico). Escaleira. Realizar un plano (ver enlace)
Marcar e e cortar a táboa.
Marcar a táboa segundo o plano e cortar coa serra seguindo as liñas marcadas.

