Archive

Posts Tagged ‘árbores’

Pirograbado de nomes de árbores

Toca labor de restauración das tablillas cos nomes das árbores.

Despois de recollelas, desmontalas e lixalas pasamos o pirógrafo.

Traballo realizado por alumnos de 3º de ESO, ver vídeo:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

Preparando o Día da Árbore

Os alumnos de Educación Infantil e Primaria preparan os agasallos que repartirán o Día da Árbore. É un estímulo máis para fomentar a concienciación sobre o coidado das plantas e, en xeral, sobre a protección do medio ambiente. A implicación dos alumnos vese favorecida con estas actividades que dan valor ao traballo realizado.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Grabado de tablillas

Un vídeo para contar, ver, oir…

Grabado de tablillas de identificación de especies de árbores co pirograbador.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Plantar sementes

Actividade consistente en plantar sementes de árbores en recipientes.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

A altura das árbores

OS ALUMNOS DO COLEXIO JAIME BALMES , APRENDEN COMO SE MIDE UNHA ÁRBORE.

Os alumnos do colexio Jaime Balmes , dos cursos 3º e 4º da ESO , foron á Fraga de Nimo.

Despois dunha  ruta de 6km para ver a paisaxe e coñecer mellor o noso entorno, fixeron unha actividade que consistía en medir árbores por varios métodos.

Podemos ver unha imaxe dos alumnos medindo as árbores:

As alumnas Cristina Noya , Alejandra Diz e María Saborido , mediron unha árbore  utilizando o ”método do leñador ” , que consiste en.. :

1. Seleccionar a árbore :

2. Collemos o lapis e colocámonos de tal maneira que vexamos o lapis á mesma altura que a árbore:

3. Tombámolo lapis , e pedímoslle ao compañeiro que se coloque ao lado do árbore , pero xusto no punto que ti vexas que se remata o lapis:

4. Collemos un metro , e medimos a distancia que hai desde a árbore ata onde está o noso compañeiro:

5. Miramos canto mide a árbore. Neste caso medía 24.60m.

6. Recollémolo metro e apuntamos as medidas : Alejandra Diz ,

Cristina Noya ,

María Saborido

3ºA da ESO.

Reforestación

Mención especial ao blog de Voz Natura do noso colexio.

O blog premiado foi o colexio Cervantes.

Un vídeo para ilustar os traballos de reforestación no colexio.

Dende o día da árbore 20 de marzo a principios de Maio de 2012.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

APRENDEMOS A COIDAR A NATUREZA

Hai un par de meses coincidindo co inicio da primavera, celebramos o día da Árbore no colexio. Fixémolo con varias actividades. A máis significativa foi a plantación de diversas especies de árbores autóctonas nos arredores do colexio. Nesta actividade participaron tódolos alumnos do centro, dende infantil a secundaria, e tivemos a honra de contar coa presencia e colaboración do Conselleiro da Xunta na materia.

Os rapaces de infantil, entre os que se atopa o meu fillo, levaron para a casa varias especies de plantas co compromiso de trasplantar, regar e coidalas. Non hai que dicir que ese compromiso inclúe tamén ós pais, os cales temos que predicar co exemplo se queremos que arraiguen actitudes e condutas positivas nos nosos fillos. O caso é que chegamos á casa cunha tomateira e unhas acelgas nuns vasiños de iogur e coas indicacións da profe de regar cada dous días. E como a profe dixo cada dous días é cada dous días, para o cal tivemos que facer un calendario de rego- grazas Charo e por extensión a todas as profes de infantil por todo canto lles ensinades ós nosos fillos -que seguimos a raxatabra. Fomos a unha tenda para mercar unha boa maceta e terra dabondo porque parece ser que a tomateira medra bastante, aínda que non esperabamos que fose tanto- será que o vaso de iogur era deses de “bifidus” -. Trasplantamos, démoslle os coidados necesarios e deixamos que a natureza seguise o seu marabilloso curso.

Pensade nun vasiño de iogur e aquí tendes. Só nos faltan os tomates.

Día da árbore

Enlace La voz de Galicia:

Voz Natura celebró el acto central del Día del Árbol con 400 noieses

Agustín Hernández alabó la concienciación de los escolares sobre el proyecto.

Enlace as fotos e vídeo da web do colexio.

AS NOSAS ÁRBORES

Os alumnos de 6º, trala saída de recoñecemento que fixemos en outubro, quedamos abraiados da cantidade de especies arbóreas que temos nos nosos parques. Unha paisaxe coa que convivimos a cotío , mais a que non lle prestamos demasiada atención. Entón decidimos traballar un pouco para coñecer mellor o que temos diante dos ollos e darlle o valor que merece.

Puxémonos mans á obra.
Logo de recoller follas e froitos de outono, así como de fotografar as distintas especies, puxémonos a estudalas e clasificalas.

Os primeiros resultados foron: un MURAL, UNHA MACROÁRBORE  e unÁLBUM cos diferentes tipos de follas que atopamos  e unha guía con fotos nas que, coa axuda das profes, intentamos identificar cada especie de árbore.  Algo, por certo, que foi bastante difícil; de feito algunha aínda nos queda por clasificar.

Estos son os resultados do noso traballo, pero imos seguir coa nosa observación ao

longo das estacións e faremos unas fichas que xa vos ensinaremos.


As árbores na vila de Noia

As vilas teñen espazos verdes, espazos de lecer, de descanso, espazos públicos. En Noia os xardíns aparecen como espazo público por necesidade do seus habitantes. Xente do pobo que precisa dun lugar para reunión, paseo, festa,  ou para a feira.

En 1880 comeza a construcción do busto do escultor Felipe de Castro, que ten xardíns no seu arredor.

Na seguinte presentación hai fotografías antigas de Noia con árbores, xardíns e sombra. As imaxes pretenden servir para identificar a vila fai moitos anos, identificar os espazos con árbores e  comparar co estado actual.


Noia non é unha cidade con moitos espazos verdes.  Si se observa a vila dende o aire co programa sixpac, póndese ver as urbanizacións modernas con poucas zonas verdes.

Fonte das imaxes:

En dropbox, Sebastian Ríos Ernst’s Gallery

En AAEN, Asociación de actividades empresariais de Noia