Archive

Posts Tagged ‘Auga’

CELEBRACIÓN DÍA DA AUGA: SAÍDA AO RÍO LOBO

Trala celebración do día da árbore  por parte dos alumnos de Infantil e 1º e 2º ciclo de primaria, os alumnos de 5º e 6º curso completaron a actividade  de cocienciación medioambiental conmemorando tamén o día da auga, 22 de marzo.

IMG_6808   Con tal motivo realizaron una saída ao río Lobo ou San Francisco para limpar e analizar o entorno dun tramo deste río ao seu paso polo lugar de Ponte San Francisco. Realizáronse análises da auga, estudo de macroinvertebrados, da vexetación de ribeira… ademais dunha ruta de sendeirismo na que se  recollería o lixo que atoparamos. Mais, grande foi a nosa sorpresa porque o lugar estaba moi coidado e o pouco lixo que había  procedía do arrastre das augas  e estaba nunha zona inaccesible  (para nós) do río.IMG_6844

Os rapaces, armados de trueles, capturaron zapateiras, larvas de libeliñas, ras, pintafontes, lombrigas e algún que outro molusco. Ata un alevín de troita que axiña se liberou do truel. Tamén recolleron mostras de vexetación da zona para poder clasificala logo en clase. Polo que respecta ás augas, estaban a  11, 5º de temperatura, totalmente cristalinas, cun ph entre 6.5 e 7 e sen rastro de nitratos. Nunha próxima entrada no blog publicaremos o traballo realizado.

O tempo acompañou e os nenos gozaron dunha mañá na que aprender foi sumamente divertido, incluindo algúns pés mollados.P1050790IMG_20150325_113842

Cultivo sen terra

Mira o seguinte vídeo

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Polo visto as plantas tamén poden crecer sen terra, pero necesitan nutrientes e fertilizantesque deben atoparse no líquido no que se desenvolven as raíces. A técnica chámase hidroponía.

Tamén se pode intentar construir este sistema de forma caseira.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Nun libro de ciencias da natureza sinálase que «as plantas necesitan incorporar do medio os bioelementos cos que fabrican as súas propias moléculas orgánicas»

Unha pregunta a modo de desafio:

De que se alimentan as plantas?

cultivo hidropónico

A MAR … DE BONITAS

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Bonitas, si. Fermosas manualidades que os familiares dos nenos de Infantil realizaron para o noso proxecto de Voz Natura.

Este ano as profesoras propuxéronlles aos pais e nais dos alumnos de Infantil que  colaborasen nunha actividade  que achegase os obxectivos do proxecto ao ámbito familiar. A resposta das familias foi impresionante,  deron mostra dunha imaxinación desbordante  e realizaron unhas manualidades realmente espectaculares. Aproveitaron  e reciclaron todo tipo de material encontrado na casa: caixas de ovos, tubos de papel hixiénico, papel de aluminio, cedés, papel maché, latas de conserva, botóns, las…e tamén achegaron cunchas  das  praias entre outras cousas.

Todos sabemos que o tempo é ouro, pero hoxe en día que falamos de conciliación familiar, os momentos compartidos cos nosos fillos e fillas nun proxecto coma este poden ser a semente dun futuro mellor.

Neste vídeo móstrase a montaxe de todos os traballos (agardamos non haber esquecido ningún) mergullándonos cunha pequena submarinista e rematando cun mural cunha mensaxe moi importante: «Colega, ti e eu vivimos no mesmo planeta

Clear as water

Os alumnos de Secundaria, dirixidos pola docente Pilar Allo, elaboraron un vídeo no que recollen diversas mostras da importancia da auga para a vida global do planeta e para a nosa vida cotiá. Documento homenaxe á temática do presente curso, que responde ao mesmo tempo á iniciativa pedagóxica presente no intento de concienciación sobre a necesidade de coidar o medio e á insistencia na utilización do inglés oral, tamén recurrente no noso labor educativo.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O Río

O luns 5 de marzo os alumnos de 3º  e 4º de ESO, acompañados polos seus profesores,  fixeron una saída didáctica á Fraga de Nimo.  Ao longo da xornada, desenvolveron as seguintes actividades:


1.Ruta de sendeirismo.

Desde a central hidraúlica do Tambre ata a escombreira, tramo da ruta de sendeirismo «O encontro de Tambre» PRG-11 e da Rede Natura «Esteiro do Tambre». Trátase dun bosque de ribeira de ameneiro e freixo que se presenta ás marxes do río e dunha carballeira galega. Con diversas especies de fieitos, acivros e xilbardeiras, ademais de invasoras leñosas, como mimosas e eucaliptos

2. Medida da altura dalgunhas árbores.

Práctica de campo aplicando o cálculo matemático, a trigonometría (semellanza de triángulos, teorema de Tales).

3. Observación e visita das pesqueiras de lamprea.

Peixe cartilaxinoso que remonta o río e captúrase nas pesqueiras.
4.Visita aos arredores da central hidráulica do arquitecto Palacios. As turbinas, o salto de auga.
5.Fotografías de distintos elementos da natureza.

Acuarium Finisterrae

Fotos da visita ao acuario de A Coruña realizada o pasado 11 de Abril.


Logo

Busca a relación entre o logo do colexio Jaime Balmes e a presentación adxunta.

Unha pista, horizontal…

Logo colexio


Aforro de auga

Mural día mundial del aguaA UNESCO celebra o 22 de Marzo de 2011,  o día Mundial da auga. A poboación urbana é cada vez máis elevada, e segue crecendo. O tema é: «Auga para as cidades, respondendo ao desafío urbano»

MEDIDAS DE AFORRO

Enlace ao plan de aforro de auga do goberno de Cantabria

O aforro de auga  produce aforro de enerxía,  pois o  líquido é impulsado cara á túa vivenda con bombas eléctricas.

Racionaliza o teu consumo de auga.

Pecha a billa ao lavar os dentes ou afeitarte, podes aforrar ata 10 l.

Comprobe a  temperatura da súa auga quente. Para lavar, non se precisa ter máis de 60°C.

Read the rest of this entry »

Auga, en imaxes

Vídeo de youtube sobre a auga, está en inglés pero enténdese.

A idea é do blogue guía de climántica, pero como é boa hai que aproveitala

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Calcula o teu consumo de auga, é doado. Entra no enlace: Water calculator

pH da auga dun río

O pH mide a acidez relativa da auga. Durante o curso 2009-10 os alumnos de 4º de ESO  realizarón mostras de pH do río Traba (Lousame) no seu proxecto «Voz Natura»Río Traba, Lousame

O pH Indica a concentración de ións hidronio [H3O+] presentes en determinadas sustancias. A sigla significa «potencial de hidróxeno». Un nivel de pH de 7,0 considérase neutro. A auga pura ten un pH de 7,0. A auga cun nivel de pH menor a 7,0 considérase áceda. Canto máis baixo é o pH, máis aceda é a auga. A auga cun pH maior a 7,0 considérase alcalina ou base. Read the rest of this entry »