Archive

Posts Tagged ‘A avispa asiática’

A avespa asiática e o avispón

Os avispóns forman un grupo ben definido dentro da familia Vespidae. O seu gran tamaño,  as súas aceiradas mandíbulas e o seu agudo aguillón que se encontra conectado cunhas glándulas del veleno converteunas nuns dos insectos máis temidos nas rexións onde habitan. Aliméntanse a base de savia das árbores  pero tamén son hábiles depredadores.

A avespa asiática para  alimentar as súas larvas  captura moitos tipos de insectos como:  abellas, avespas, moscas, arañas, orugas, formigas, bolboretas e pulgóns. Para capturar as abellas, sitúase en voo estacionario na entrada das colmenas  o seu maior tamaño permítelle capturar unha abella en voo.

Vídeo producido polo Concello de San Sadurniño, guión e realización de C. Galdo-Entremedias.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Como diferencialas?

O avispón, Vespula crabo  é autóctono, ten o tórax vermello e o abdome negro e amarelo.  

Hornet-vespa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A avespa asiática  Vespa velutina,  é un tipo de avespa orixinaria de Asia,  da China, a India e Indonesia. Considérase especie invasora en Galicia.  Foi introducida en Francia (probablemente antes do 2004). Atópase en zonas asiáticas nas que o clima é comparable ao de Galicia. O abdome da Vespa velutina é negro ou marrón cunha franxa caudal amarela e a cabeza negra coa fronte laranxa. Os extremos das súas patas  son amarelos.

Vespa_velutina_nigrithorax_MHNT_dos

 

 

GUERRA HORARIA POR LA AVISPA ASIÁTICA

Diana Blas Pérez

Nerea Núñez García

Saray Alvela Caamaño

1ºA ESO