Archive

Archive for the ‘SISTEMA SOLAR’ Category

Edmund Halley e o seu cometa

Edmund-HalleyEdmund Halley foi un astrónomo, matemático e físico inglés dos séculos XVII e XVIII (1646-1719).

Amigo de Isaac Newton, animouno a publicar a súa obra Philosophiæ naturalis principia mathematica, na que enuncia as tres leis do movemento e a lei da gravitación.

A teoría da gravitación universal levou a Halley a intentar calcular a órbita dun cometa, que el vira no 1682, anunciando que ea o mesmo de 1531 e 1607, e que volvería a pasar no 1758.

No 1758 Halley xa morrera, pero a exactitude do seu cálculo fixo que se lle puxese o seu nome ao cometa, oficialmente coñecido coma 1P/Halley.

O cometa Halley é un cometa que orbita alrededor do Sol cun periodo de aproximadamente 76 anos, o que permite que o poidamos chegar a ver dúas veces na vida.

A última visita foi no 1986 e a próxima sera a mediados do 2061.

Noraboa a Iker (1ºB), Sergio (1ºB), Fabio (6ºA), Noa e Martín (5ºA), Antía (5ºA), Brais e Yago (5ºA) e Marcos e Pablo (5ºA).

E o martes, una nova pregunta.

Facemos un planetario

Os alumnos e alumnas de 3º A e 3º B de Educación Primaria, aproveitando o tema de ciencias sociais «Viaxamos ao espazo», construimos un planetario nas nosas respectivas aulas para así afianzar coa práctica os contidos relativos a devandito tema.

Foi unha experiencia moi entretida que nos divirtiu moito.

 

IMG_5692 IMG_5689

 

 

 

 

 

 

Cometas

Comeza outra edición do Preguntoiro científico, e imos falar de cometas.

CometaNon, destes non… de cometas no espazo:

Cometa_2

O mércores 12 de novembro de 2014, despois de viaxar 10 anos e percorrer 6400 000 000 de quilómetros, o módulo Philae deixou a sonda Rosetta e aterrou no cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.

http://elpais.com/elpais/2014/11/07/media/1415391144_683857.html.

Ao longo dos próximos meses, se todo vai ben, Philae tomará fotografías, mostras do solo do cometa, analizará o seu campo magnético… e enviará toda esa información a Rosetta, que continúa xirando ao redor do cometa. A información chega á Terra despois de media hora (están moi lonxe).

O cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko foi descuberto en 1969 por Klim Churyumov tras unha fotografía tomada por Svetlana Gerasimenko. É un cometa periódico, o cal quere dicir que cada certo tempo achégase ao Sol e é visible dende a Terra.

O primeiro en darse conta disto foi un astrónomo, matemático e físico inglés, que prognosticou a chegada dun cometa no 1758.

A pregunta é:

Como se chamaba o astrónomo, como se chama o cometa e cando o volveremos ver preto da Terra?

Os aneis

CAM00104A imaxe da esquerda corresponde a un planeta do noso Sistema Solar.

 

Chama a atención, entre outras cousas, que o planeta parece ter aneis ao seu redor.

 

Hai varias preguntas que poderíamos facer. Por exemplo:

 

  • De que planeta se trata?
  • Que son ese aneis? De que están feitos?
  • Hai máis planetas con aneis?
  • E por último: creedes que nese planeta é posible a vida? Por que?