Archive

Archive for the ‘Sen categoría’ Category

Día das letras galegas 2018

Los Tamara, cantando o gran Pucho Boedo, O vello e o sapo.

Baseada no poema de Manuel Curros Enríquez.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O vello e o sapo
Da aldea lonxana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas beiras o céspede mol.

Un vello, arrimado nun pao de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso; unha pedra topóu no camiño
e nela sentóuse pra folgos tomar.

-¡Ai! -dixo-, ¡qué triste!
¡qué triste eu estóu!
I on sapo, que oía,
repuso: -¡Cro, cro!

¡Ás ánemas tocan! … Tal noite como ésta
queimóuseme a casa, morréume a muller;
ardéume a xugada na corte, i a besta,
na terra a semente botóuse a perder.

Vendín prós trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo de entón a pedir;
mais cando non topo pechadas as portas
os cans sáienme a elas e fanme fuxir.

– Canta, sapo, canta;
tí i eu ¡somos dous! … –
I o sapo choroso,
cantaba: -¡Cro, cro!

Soliños estamos entrambos na terra.
mais nela un buraco tí alcontras i eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
i a min as entranas i os ósos me rón.

Tí, nado nos montes, nos montes esperas,
de cote cantando, teu térmeno ver;
eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,
e morte non hacho, si quero morrer.

-Xa tocan … Recemos,
¡que dicen que hai Dios! …-
El reza, i o sapo
cantaba: -¡Cro, cro!

A noite cerraba, i o raio da lúa
nas lívidas cumes comenza a brillar;
curisco que tolle nos álbores brúa
i escóitase ó lexos o lobo oubear.

O probe do vello cos anos cangado
erguéuse da pedra i o pau recadóu;
viróu para os ceos o puño pechado,
e cara ós touzales rosmando marchóu …

Cos ollos seguíndoo
na escura estensión,
o sapo quedouse
cantando: ¡Cro, cro!.

Funcionamento da nosa incubadora

A casa comercial da incubadora que mercamos para as actividades de Voz Natura ten un vídeo que explica o funcionamento. No colexio temos o modelo ET-24, de 24 ovos.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Esencias

Esencia mediante destilación por arrastre de vapor

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Produtos de limpeza

Lixivia de cinza

Cómo facer lixivia de cinza

Deterxente caseiro

Produtos de limpeza

 

 

Un humilde oficinista

ETHNo ano 1905, un empregado da Oficina de Patentes de Berna, graduado na ETH (Escola Politécnica Federal de Zürich), publicou 4 artigos científicos, nos que trataba distintos aspectos da física.

Estes artigos, publicados na revista Annalen der Physik son coñecidos coma os artigos do Annus Mirabilis, e fixeron que no seu centenario o ano 2005 fose declarado Ano Mundial da Física.

Polo segundo destes artigos, ao oficinista concedéronlle o Premio Nobel, aínda que é universalmente coñecido pola teoría desenvolvida no 3º e no 4º.

Como se chamaba o oficinista, que explicou no 2º artigo e por que teoría é coñecido?

Eu quixera ser civilizado como os animais

Dentro do festival dedicado ao Día das Letras Galegas, os alumnos de Primaria escolleron a  interpretación desta canción como homenaxe ao ser humano e á natureza. Actitude de compromiso e concienciación que se traduce nunha  permanente referencia á necesidade de coidar o mundo natural e á crítica de accións irreflexivas e irrespectuosas co medio. En definitiva, elección que amosa que os rapaces están identificados coas mensaxes de participación dinámica e de solidariedade co mantemento dun mundo sostible para todos.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Preparando o Día da Árbore

Os alumnos de Educación Infantil e Primaria preparan os agasallos que repartirán o Día da Árbore. É un estímulo máis para fomentar a concienciación sobre o coidado das plantas e, en xeral, sobre a protección do medio ambiente. A implicación dos alumnos vese favorecida con estas actividades que dan valor ao traballo realizado.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

LA SABIDURÍA DE LA TOSCANA. EN CONTACTO CON LA NATURALEZA.

Hai un par de anos, polo Nadal, recomendaba no blog de Educación Física un libro de Ferenc Máté titulado “La Sabiduría de la Toscana”.

toscana

este libro fálase sobre deporte, sobre  natureza, sobre as relacións cos veciños, sobre como os nenos van conformando o seu cáracter participando da vida adulta, sobre as persoas e os seus valores e principios, fálase da recompensa polo traballo ben feito, de comida e de viño…, fálase de cousas simples, sinxelas, cousas que nos facían felices e que co paso do tempo fóronse quedando polo camiño, cousas que nos fan ver a vida doutro xeito e nos axudan a sobrelevar os faceres diarios. Di que todavía hai lugares onde todo é como debera, lugares onde os soños poden facerse realidade, lugares onde aquelo que unha vez tivemos e quixeramos recuperar todavía existe porque nunca se perdeu. Di Ferenc Máté que na Toscana, “a xente axuda á xente a ser PERSOAS”.

Teño un amigo que no seu perfil de Whatsapp pon unha frase que é:” non estás de baixón…é un crecemento moderado do ánimo… Pois ben, cando o meu ánimo está nunha fase de crecemento moderado, ler un par de capituliños deste libro fai que dalgún xeito teña un subidón e me axude a pensar en positivo, vendo as cousas dende outra perspectiva. Gustaríame compartir con vós algúns fragmentos que teñen que ver co efecto positivo que a natureza e a interacción con ela pode chegar a ter no ánimo e a actitude das persoas.

 

…Hai uns invernos, cando iba retrasado con dous libros -unhas memorias e un caderno de fotografías-, contratei a unha persoa que organizara e editara o primeiro e me axudara a diseña-lo segundo. Había nacido e crecido na cidade de Nova York, rondaba os trinta, tiña un master da Ivy League, era seria e, aínda que pouco segura de si mesma, estaba entregada ó seu traballo. Encantabanlle as palabras, tiña un ollo tremendo para a cor e o deseño, e unha concentración como de láser. Veu pasar un mes á Toscana para que, lexos de toda distracción, nos puxéramos a traballar a destaxo sen ser molestados. Cando a recollín no aeroporto de Roma, co pelo aplastado e aqueles andares de estirada, semellaba unha delegada do congreso de bibliotecarias do Sagrado Corazón.

Editar un manuscrito e escoller e recortar fofografías resulta mental e emocionalmente esgotador. E aínda que facíamos longas e relaxadas comidas xunto ó fogar da cociña, a media tarde pechabanselle os ollos, a súa pálida tez marchitabase, os beizos fruncíanselle pola tensión e a fátiga. Cos seus grandes pómulos e a súa pel traslúcida semellaba unha máscara mortuoria. A terceira tarde crín haberme equivocado ó escoller a unha urbanita tan nerviosa -o seu mozo había roto con ela o mes anterior e iso tamén lle afectaba- e, case por pura frustración, dixenlle que saíra a dar unha volta polo campo. Moi o seu pesar, obedeceu.

Facía un día claro, despexado, lixeiramente frío. Vina atravesar os viñedos cos hombreiros encorvados, hacía os cipreses do vello cementerio que había máis aló da igrexa. Permaneceu aló unha hora e volveu ó atardecer. Había cambiado. Os seus ollos azuis habían recuperado o brillo, as súas meixelas voltaban a ser sonrosadas e a boca tiñaa relaxada nuha sonrisa. “Funcionou”, díxome.

Dende entón, saiu a dar un paseo cada tarde, polos prados e o bosque, o olivar e o cañón, e á segunda semán aquela mirada sá e brilante instalouse nos seus ollos noite e día. A pesares de que a súa dedicación ó traballo nunca flaqueaba -eu chamabaa “A ubermeister da Polizie do placer”- transmitía un irrefreable sentido do humor; ás veces doíame detrás das orellas de tanto rir. Cando se marchou, estaba irreconocible: aberta, desaliñada e efusiva, ata lle cambiara a cara; parecía case descontrolada. Había aflorado a Obermeister que levaba dentro.

Ó cabo duns días, falaba por teléfono cun amigo de Nova York e pregunteille como a vira ó seu regreso. A resposta foi: “Radiante”…

 

 

 

 

 

Joaquín Vieta, veleiro histórico

Os alumnos de 3º da ESO visitaron o veleiro Joaquín Vieta, onde foron guiados por Andrade, membro da Asociación “Joaquín Vieta”. Este barco é un balandro de cabotaxe que ten 2 paus e 18 metros de eslora e foi construído entre 1915 e 1916. Desde 2010 é buque de recreo e converteuse no veleiro máis antigo de Galicia aínda en servizo. Está equipado para navegar con grupos e conta cos certificados de seguridade e navegabilidade adaptados á actividade turística.

Un Nadal de reciclaxe e reutilización

Os alumnos e profesores de Primaria do colexio Jaime Balmes elaboraron beléns aproveitando materiais tan comúns como a palla, o cartón, o plástico, a pedra e a plastilina. O resultado foi exposto na entrada principal do Centro e espertou o interese das familias dos nenos. Labor, polo tanto, de concienciación sobre as formas de desenvolver a creatividade a partir de materiais considerados de lixo.

Aquí tedes unha mostra, ¿gústavos?: