Salvemos galicia de la megaminería
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
A dor da Terra Nai
22 de abril, Día do planeta
A Voz da Escola do 17 de abril de 2013 proponnos colaborar no coidado e protección do planeta.
Que tal se aceptamos?
Segundo o informe editado polo Programa das Nacións Unidas para o Medioambiente (PNUMA), son seis as pragas do planeta que é preciso atender con urxencia:
1-Auga doce: recursos hídricos. Humidais, consumo, tarifas, saneamento.
2-Biodiversidade: ecosistemas, deforestación, áreas protexidas, sostibilidade.
3-Cambio climático: combustibles fósiles, emisións de carbono, incentivos.
4-Residuos perigosos: redución, reutilización, reciclaxe.
5-Enerxía: aforro, eficiencia enerxética, enerxías renovables, almacenamento.
6-Mares e océanos: zonas costeiras, áreas mariñas, cimas e arrecifes.
A proposta consiste en que nos seis días que van do 17 ata o 22 de abril dediquemos un día a cada unha delas, facendo o que poidamos na aula ou noutros lugares.
Vós xa realizastes unha espléndida tarefa durante este curso: limpeza de praias, reforestación e coidado do monte do colexio, achegamento aos nosos veciños da campaña de aforro enerxético que seguimos no colexio, coas nosas mascotas Pingo e Luci, coñecemento da nosa biodiversidade (conferencia sobre a píllara das dunas e visita ao parque natural de Corrubedo)…
Pero podemos facer máis.
Que vos parece? Intentámolo?
Se vos animades, compartídeo despois neste blog, especificando a cal dos 6 temas vos dedicastes.
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Álbum de fotos da limpeza de praia 2013.
O Colexio Jaime Balmes e Cruz Vermella de Noia realizaron unha actividade conxunta de limpeza de praias no litoral do Concello de Noia. Foi a limpeza das praias de Testal e Boa Grande.
Artigo de prensa en la Voz de Galicia.

Clasificación do lixo atopado.
Plásticos
Bolsa de “gusanitos”.
Envases de iogur
Tapóns de botellas
Pelotas rotas
Envase de análise.
Envase de xarabe
Envoltorios de goma de mascar
Recipientes variados
Bote de plástico de mostaza.
Bolsiñas de Ketchup.
Chupetes.
Bolsas de compra
Bolsas de panos.
Envases de Donuts.
Cepillo de xoguete.
Flotador.
Cubeta de plástico.
Crema solar
Xiringua.
Desodorizante
Botella de lixivia
Acendedor.
Paus de caramelo “chupas”
Bolígrafo.
Carrito de xoguete.
Envases de medicamentos.
CD.
Roupa de augas.
Frauta.
Anacos de poliestireno (corcho branco ou porexpan).
Flotador.
Vidro
Bote de cristal con xarabe.
Botella de vidrio de viño.
Botellas de alcol destilado.
Botella de aceite.
Envase de comida infantil “potitos”.
Lámpada.
Goma
Bota de goma.
Rodas de coche (4 ou 5).
Preservativo.
Téxtiles e fibras
Sola de zapato.
Anaco de toalla de praia.
Colchón.
Compresa.
Tampón.
Zapatos enteiros.
Anacos de redes de pesca.
Anacos de fío de nailon para pesca
Trozos de manteis.
Bandeira de España.
Roupa variada.
Bragas de colo.
Xersey.
Blusa.
Cinta de cinguir.
Papel e cartón
Cueiros.
Cordas (cabo).
Caixas de cebo de pesca.
Tabaco.
Bolsa de papel que contiñan hamburguesas.
Papeis de xornal.
Metais
Culler
Papel de aluminio.
Latas de refresco, cervexa…
Latas de conserva.
O vindeiro 1 de marzo imos a praia. Non para bañarnos, para realizar unha gran tarefa: a limpeza dos areais.
Será unha actividade onde participaremos moitos: alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria e alumnos de Secundaria. Tamén virá a Cruz Vermella de Noia, que participa en Voz Natura e este curso programamos a actividade da limpeza de praia de maneira conxunta.

Onde
Praia de Testal e Boa grande e Chica, concello de Noia.
O 1 de marzo pola mañá. Ver marea en meteogalicia. Que forma parte do espazo natural protexido “Esteiro do Tambre”.
Enlace ao mapa topográfico da zona do Esteiro do Tambre, “LIC” lugar de Importancia Comunitaria, onde se atopan as praias que imos limpar. “O 73% da área do LIC está ocupada por hábitats mariños e marítimo-terrestres, cunha superficie de augas mariñas de 1.062 ha, na súa maior parte sobre fondos de menos de 10 m de profundidade, mentres que arredor dunha quinta parte abarca o curso baixo do Tambre, augas arriba da influencia das mareas, ao longo duns 6 km.“
Quen colabora.
Colabora o Concello de Noia e a Confraría de Pescadores de San Bartolomeu de Noia. O Concello enviará medios para a recollida de lixo e a Confraría enviará o tractor para recoller as bolsas cheas.
El colegio Jaime Balmes, de Noia, gana el premio Galicia de Voz Natura.
“El comité científico ha emitido su fallo después de visitar en dos ocasiones a lo largo de curso cada uno de los centros para supervisar sus trabajos. Su decisión se justifica en «la diversidad de actuaciones ambientales y su carga concienciadora; su capacidad de utilizar las nuevas tecnologías a favor el medio ambiente y la extraordinaria participación en el trabajo».”

Limpeza da praia
Día 24 de Febreiro de 2012.
Lugar/es: Taramancos-Boa Chica e Boa Grande, praias do Concello de Noia.
Lonxitude de litoral que se limpou: 23oo metros.
Superficie: 5,31 hectáreas (cada hectárea equivale a un campo de fútbol regulamentario)
Quen traballou arreo? os alumnos de 3º primaria e de 1º e 2º de ESO.
Quen colaborou? O concello de Noia e a Confraría de Pescadores de San Bartolomeu.
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
| LIXO DE OCIOPraia, paseo, pesca deportiva | LIXO DE PROFESIONAIS DO MAR Mariñeiros, Mariscadores | LIXO SEN CLASIFICAR |
| Botellas de vidro enteiras e rotas | Cordas | Vidro |
| Xoguetes de plástico (cubos, pas, pelotas) | Aparellos de pesca (redes,boias, restos de nasas) | Envases de pastillas |
| Bolsas de plástico | Bolsas de plástico | Papel de prata |
| Cueiros pequenos | Cueiros grandes | Colchón |
| Chanclas | Caixas de peixe | Roda de tractór |
| Preservativos | Sacos de rafia | Orinal |
| Latas de refresco, cervexa… | Latas | Plástico variado |
| Bricks de zume, leite… | Calzado(Botas de auga, zapatos…) | Tubo de fontanería-electricidade |
| Aparellos de pesca deportiva (anzois…) | Roupa de augas | Cajetillas de tabaco |
| Envases para gardar cebo vivo | Bidóns de combustible | Colillas |
| Mecheiro | Lubas de goma | Papel de periódico |
| Botes de pintura | Corcho branco | |
| Restos de embarcacións de madeira con puntas a vista | Medio bidón de lata | |
| Cubos | Paraugas |
A píllara das dunas, Charadrius alexandrinus, (en castelán chorlitejo patinegro, Kentish Plover en inglés) é un ave limícola, que habita zonas costeiras con praia. Aniña en dunas.
Caracterízase por ser unha ave de 16 cm., de peteiro e patas negras, cunha marca negra estreita a través do ollo e unha marca pequena escura a cada lado da parte alta do peito. A voz da píllara da dunas é un “uit-uit-uit” lixeiro e un “puu-it” aflautado; pero cando se alarma emite un berro “ui-rut”.
Fai o niño nunha depresión de area en terreo aberto preto da auga. O macho é quen constrúe o niño e a femia pon 3 ovos, que incuban ambos durante 24 a 27 días. Despois da eclosión (de maio a xuño) dos ovos, os pitos xa poden seguir aos proxenitores. Estes teñen plumón e os ollos abertos.
A reserva mariña conta cunha gran variedade de aves, illotes, lagoas…
No areal podemos atopar especies de plantas que viven en moi poucas praias de Galicia: Iberis procumbens, Sedum arenarium, Armeria pubigera ou Silena scabriflora.
Algunhas aves mariñas (agullas, mazaricos, pilros, biluricos, píllaras...) son as que visitan a lagoa no inverno ou as que se deteñen durante as súas viaxes de migración. Aquí tamén atopamos diversos bivalvos como o berberecho ou a coquina.
Os baixíos rochosos son os lugares preferidos polos corvos e as gabitas para o descanso, uníndose a eles os percebes e os mexillóns.
A Costa da Morte foi considerada un dos 20 paraísos mariños debido á diversidade de criaturas que habitan as súas coloridas augas. Read the rest of this entry »
A reserva de “Os Miñarzos” en Lira, concello de Carnota, foi visitada por alumnos de 4º de ESO de Bioloxía-Xeoloxía e Fïsica-Química. Fomos atendidos polo biólogo e coordinador da Reserva, D. José Antonio Neira, quen nos mostrou tódolos detalles da Reserva e nos guiou no intermareal e na caseta-museo de “Pepe do Cuco”.
A que fomos alí?. Que fixemos?. Artigo da Voz de Galicia: “Cuando el pupitre es una roca”
Podemos velo en fotos ilustrativas.
Imos á Reserva Mariña de Lira, que está en Lira, no Concello de Carnota, na provincia da Coruña. É una reserva mariña de interese pesqueiro.
Iamos o día 21 de Febreiro, e entre outras cousas realizaremos unha intermareal na reserva, para ver a biodiversidade de flora e fauna.

Pero, que é unha reserva mariña de interese pesqueiro?
Read the rest of this entry »