Archive

Archive for the ‘RECURSOS’ Category

Desenvolvemento sostible

Un concepto abstracto?, complexo.

Un vídeo, cuidado é dunha compañía que está  facer publicidade.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Un paxaro na escola

Entrou un paxaro na escola con gañas de aprender, non sabía ler, aprendeu a ler.

Entrou despistado e non encontraba a saída,  axúdámolo a sair.

Unha pregunta, de que especie se trata?

Sinala o nome común en castelán e galego nos comentarios. Haberá premio.

Podes buscar no enlace a sociedade española de ornitoloxía SEO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Compost de lombríz con Peppa Pig

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Esencias

Esencia mediante destilación por arrastre de vapor

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Cría de pitos en incubadora

 

No mes de outubro comezamos o primeiro ciclo de cría de pitos en incubadora. Mercamos unha incubadora automática de 24 ovos, conseguimos ovos de granxa dunha criadora de confianza que nos proporcionou ovos de raza de galiña de Mos e doutras razas.

Colocamos os ovos e seguimos estritamente as instrucións do fabricante da incubadora (control de temperatura e humidade).

No seguinte vídeo pódese observar o proceso:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Miñocas

O noso vermicompost nun inquedante vídeo, (inquedo, movido) pero quedou grabada a posta da miñoca.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Almorzas?

imageNunha enquisa sobre alimentación realizada no colexio a alumnos de secundaria no curso 2015-16.

Ante a pregunta “almorzas?”, as respostas foron 40 e os resultados na gráfica. Un sorprendente 15% non o fai case nunca e un 5% nunca.

O almorzo debe aportar sobre un 25% das calorias diarias, no seguinte enlace de “La Voz de Galicia” hai máis información. Pero hai que destacar o seguinte:

…«mejora el rendimiento físico e intelectual, así como la capacidad de concentración, especialmente en niños y adolescentes». Además, añaden, ayuda al mantenimiento de un peso adecuado, el control del apetito y previene la ansiedad que «puede llevar a comer en exceso a la hora de la comida».

…«es importante hacer partícipe a la sociedad de que un buen desayuno redundará en una mejor alimentación y, por ende, una mejor calidad de vida».

No artigo do Huffington Post hai máis información, e cítase: “Saltártelo es algo así como una forma de reflejar tu desorden nutritivo”, “la prevalencia de obesidad es superior en aquellos que toman un desayuno escaso o lo omiten”.

Páxina da Xunta de Galicia, Sergas.

Recorda o refrán: “almorza como un rei, come como un príncipe e cea como un pobre”

Sonómetro

Un sonómetro é un instrumento para medir presión sonora. Indica o nivel de ruído nun determinado lugar e momento.sonometro

 

Cando falamos de contaminación, normalmente obviamos o ruído.

Sen embargo, a exposición continuada a fontes de ruído é perniciosa para a saúde.

Ruido-y-salud

 

 

 

 

 

 

 

No Colexio Jaime Balmes, durante a I Feira de Ciencia e Tecnoloxía, unha das prácticas que fixeron os alumnos foi a medida dos niveis de ruído no polideportivo, tal e como podemos observar na seguinte imaxe:

img_93283

 

 

 

 

 

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Os resultados permitiron aos alumnos de matemáticas de 3º e 4º de ESO elaborar distintas gráficas:

Grafica_sonometro

Gráfica de Anxo e Hugo:Gráfica_Anxo_HugoGráfica de Jairo e Pablo:

Gráfica_Jairo_Pablo

Gráfica de Manel e Cris:

Gráfica_Anxo_Hugo

Dragado ecolóxico

As nosas rías, os nosos ríos, portos… precisan, de cando en vez, un dragado.

O dragado pretende eliminar parte dos materiais do fondo para facilitar a navegación ou aumentar o caudal e evitar inundacións.

Pero un dragado ten impactos no medio natural. Afecta aos organismos que viven no fondo.

DragadoContaminación

E tamén contamina a auga, porque a draga extrae area, lodo e rochas mesturadas coa auga, e logo devolve esa auga ao mar.

 

 

 

 

 

 

O problema é que a auga arrastra substancias contaminantes, que logo pasan aos organismos que viven nesa zona e, ao longo da cadea trófica, acaban chegando a nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

Para solucionar este problema, diversas empresas galegas xunto coas Universidades de Vigo e A Coruña, co apoio da Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Unión Europea, desenvolveron o Proxecto Ecodraga. Ecodraga

 

 

 

 

 

 

 

 

O Proxecto Ecodraga foi presentado nas xornadas “La protección de nuestras costas” o 5 e 6 de outubro de 2015 na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Xornadas

 

 

 

 

 

 

 

Un dos participantes no proxecto e nas xornadas, Alejandro Arias Blanco, ex-alumno do Colexio Jaime Balmes, tivo a amabilidade de explicar aos nosos alumnos de 4º de ESO en qué consiste a ecodraga e os beneficios que ten para o medio ambiente o seu emprego.

IMG_20160111_110351

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En esencia, a ecodraga pretende (e as probas realizadas demostraron que consegue) eliminar os verquidos de auga contaminada, volvéndoa a expulsar ao fondo por recirculación, impedindo que os contaminantes se dispersen na columna de auga.

IMG_20160111_111320

Efecto invernadoiro

Animación sobre efecto invernadoiro. O     simulador Greenhouse Effect permite comprobar como inflúen algúns gases que están presentes na atmosfera no valor da temperatura media da superficie da Terra. Os Puntos amarelos: radiación solar que chega a terra.
Os Puntos vermellos: radiación infravermella que emite a terra.
The Greenhouse Effect

Click to Run