Archive

Archive for the ‘PREGUNTOIRO CIENTÍFICO’ Category

Desenvolvemento sostible

Un concepto abstracto?, complexo.

Un vídeo, cuidado é dunha compañía que está  facer publicidade.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Entrevista ao doutor Angel Carracedo

O profesor Angel Carrecedo veu ao colexio Jaime Balmes a dar unha charla sobre a súa actividade en xenética. Foi entrevistado por un grupo de alumnos de 1º de ESO, aquí deixo o vídeo da entrevista (Novembro de 2018).

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Un paxaro na escola

Entrou un paxaro na escola con gañas de aprender, non sabía ler, aprendeu a ler.

Entrou despistado e non encontraba a saída,  axúdámolo a sair.

Unha pregunta, de que especie se trata?

Sinala o nome común en castelán e galego nos comentarios. Haberá premio.

Podes buscar no enlace a sociedade española de ornitoloxía SEO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Todo negro (2)

Xunto con Roger Penrose, Stephen Hawking fíxose coñecido polos seus estudos sobre os buratos negros, singularidades do espazo-tempo con tanta gravidade que ata a luz é atrapada.

Stephen_Hawking.StarChildProfesor da Cátedra Lucasiana da Universidade de Oxford ata a súa xubilación, Hawking padece esclerose lateral amiotrófica, ELA, enfermidade dexenerativa que o ten case paralizado e o obriga a comunicarse mediante un sintetizador de voz.

É unha das figuras máis recoñecidas da física actual, non só polas súas achegas e libros, senón tamén polas súas aparicións públicas, incluso en series de televisión.

Hawking_BigbangNoraboa a Álex Sixto García (2ºA ESO).

 

Todo negro

As achegas de Einstein permitiron, entre outras cousas, un avance significativo na comprensión do Universo.

Foi Newton o primeiro en axudarnos a entender como funciona, grazas á Lei de Gravitación Universal. A Teoría da Relatividade deu outro pulo á Cosmoloxía.

Black_Hole_MilkywayNeste ámbito destacou un físico británico (coma Newton), profesor da Cátedra Lucasiana de Matemáticas da Universidade de Cambridge (coma Newton), afectado pola ELA (non, Newton non), ao que puidemos ver paseando por Noia no 2008.

De quen estamos a falar e por qué é coñecido?

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Un humilde oficinista de Berna

No 1905, cando só era un empregado da Oficina de Patentes de Berna, Albert Einstein publicou catro artigos na revista científica Annalen der Physik. Neles explicaba o movemento browniano  (dos átomos que forman un fluído), o efecto fotoeléctrico (que explica a emisión de electróns por parte dos átomos ao recibir a enerxía procedente de fotóns), desenvolvía a teoría da relatividade especial (sen incluír a gravidade) e a equivalencia entre masa e enerxía ( a súa célebre ecuación http://upload.wikimedia.org/math/f/0/9/f09291a2934068644f41981dd51eb5b0.png, que levou ao uso da enerxía dos átomos).

Albert_Einstein_Head

O primeiro destes artigos permitiulle obter o grao de doutor pola Universidade de Zürich, onde estudara, e o segundo o Premio Nobel de Física no 1921. Posteriormente desenvolvería a teoría xeral da relatividade, incluíndo xa a gravidade, que permitiu o desenvolvemento da cosmoloxía. Os seus traballos tamén permitiron o desenvolvemento da mecánica cuántica.

O ano 1905 é coñecido coma Annus mirabilis pola importancia destes traballos, e o 2005 foi en homaxe a Einstein o Ano Internacional da Física.

Noraboa a Hugo, Pablo e Álex (2º ESO A) e a Diego Agra (2º ESO B).

Un humilde oficinista

ETHNo ano 1905, un empregado da Oficina de Patentes de Berna, graduado na ETH (Escola Politécnica Federal de Zürich), publicou 4 artigos científicos, nos que trataba distintos aspectos da física.

Estes artigos, publicados na revista Annalen der Physik son coñecidos coma os artigos do Annus Mirabilis, e fixeron que no seu centenario o ano 2005 fose declarado Ano Mundial da Física.

Polo segundo destes artigos, ao oficinista concedéronlle o Premio Nobel, aínda que é universalmente coñecido pola teoría desenvolvida no 3º e no 4º.

Como se chamaba o oficinista, que explicou no 2º artigo e por que teoría é coñecido?

A orixe dos continentes e os océanos

A orixe dos continentes e os océanos, publicado en 1915, fixo tremer as bases das ciencias da Terra.

En 1910 Alfred Wegener, examinando un atlas, preguntouse se as siluetas dos continentes encaixaban entre si por casualidade. Reunindo datos de diferentes disciplinas científicas, propuxo a hipótese de que hai uns 300 millóns de anos todos os continentes anteriores estaban unidos nun só, Panxea (toda a terra). Posteriormente, hai uns 200 millóns de anos, Panxea comezou a disgregarse e os continentes a afastarse, nun proceso que aínda segue e que chamamos deriva continental.Pangea

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Noraboa a Manuel, Paula, Antía e Martín (5ºA); David Chaves (1A Eso); Íker e Adel (1B Eso); e Álex, Pablo e Carlos Moledo (2A Eso).

Un crebacabezas no mapamundi

Algunha vez consultaches un mapamundi e observaches que Suramérica e África parecen encaixar?

Pois a esta conclusión chegou tamén un meteorólogo e xeofísico alemán no século XX.

A partir dela, e doutras probas, propuxo que no pasado os continentes estiveron unidos, en algo semellante ao seguinte:

Pangaea_continents

Como se chamaban o científico, a súa teoría e o supercontinente da imaxe?

O Beagle

No 1825, a Mariña Real Británica decidiu que 2 buques levasen a cabo unha inspección das costas de América do Sur. Un deles era o HMS (His ou Her Majesty´s Ship) Beagle. No 1831 levou a cabo unha segunda viaxe, para a cal e o seu comandante solicitou que o acompañase un científico, nomeándose a Charles Darwin, naturalista afeccionado á Bioloxía e outras ciencias.Charles_Darwin

Nesta viaxe visitaron as illas Galápagos, fronte ás costas de Ecuador. Nelas, Darwin atopou unha especie de paxaro (o pimpín de Darwin) que tiña características distintas en cada illa. A observación deste feito levouno a propoñer que as especies evolucionaban mediante un proceso denominado selección natural, en función das características do medio. Esta idea foi exposta ante a Sociedade Linneana de Londres o 1 de xullo de 1858, e posteriormente no libro A orixe das especies, publicado no 1859, e considerado un dos libros máis influíntes na historia da Humanidade.

Noraboa a Martín (5ºA); Adrián, Sara, Fabio e Marta (6ºA); David e Javier (1ºA ESO); Álex e Pablo Sixto (2ºA ESO).