Archive

Archive for the ‘VÍDEO’ Category

Entrevista ao doutor Angel Carracedo

O profesor Angel Carrecedo veu ao colexio Jaime Balmes a dar unha charla sobre a súa actividade en xenética. Foi entrevistado por un grupo de alumnos de 1º de ESO, aquí deixo o vídeo da entrevista (Novembro de 2018).

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O ovo de pito

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Este curso vamos a criar ovos de ave.

Miñocas

O noso vermicompost nun inquedante vídeo, (inquedo, movido) pero quedou grabada a posta da miñoca.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

A avespa asiática e o avispón

Os avispóns forman un grupo ben definido dentro da familia Vespidae. O seu gran tamaño,  as súas aceiradas mandíbulas e o seu agudo aguillón que se encontra conectado cunhas glándulas del veleno converteunas nuns dos insectos máis temidos nas rexións onde habitan. Aliméntanse a base de savia das árbores  pero tamén son hábiles depredadores.

A avespa asiática para  alimentar as súas larvas  captura moitos tipos de insectos como:  abellas, avespas, moscas, arañas, orugas, formigas, bolboretas e pulgóns. Para capturar as abellas, sitúase en voo estacionario na entrada das colmenas  o seu maior tamaño permítelle capturar unha abella en voo.

Vídeo producido polo Concello de San Sadurniño, guión e realización de C. Galdo-Entremedias.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Como diferencialas?

O avispón, Vespula crabo  é autóctono, ten o tórax vermello e o abdome negro e amarelo.  

Hornet-vespa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A avespa asiática  Vespa velutina,  é un tipo de avespa orixinaria de Asia,  da China, a India e Indonesia. Considérase especie invasora en Galicia.  Foi introducida en Francia (probablemente antes do 2004). Atópase en zonas asiáticas nas que o clima é comparable ao de Galicia. O abdome da Vespa velutina é negro ou marrón cunha franxa caudal amarela e a cabeza negra coa fronte laranxa. Os extremos das súas patas  son amarelos.

Vespa_velutina_nigrithorax_MHNT_dos

 

 

GUERRA HORARIA POR LA AVISPA ASIÁTICA

Diana Blas Pérez

Nerea Núñez García

Saray Alvela Caamaño

1ºA ESO

 

A ritmo de BreakDance

Iniciamos o curso continuando coa dinámica de potenciar a vida sa coa práctica de exercicio mediante o baile.  Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria asistiron a una exhibición de BreakDance no polideportivo do colexio. Os protagonistas foron Pablo e Dani, da Vella Escola, organismo especializado na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia. O evento estivo organizado pola ANPA, que potencia esta actividade para alumnos de cursos superiores a 3º de Primaria.

embedded by Embedded Video

YouTube DirektBreakDance

Festa Voz natura 2015

cartel50x70_fiestaVN2014_DEF_2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pincha na imaxe para ver o álbum

 

 

 

 

 

Album fotográfico da exposión. 

Breaking the rules

A seguinte curta de animación foi premiada en:

* Ganador del Mejor vídeo de animación en el 2nd Delhi Shorts International Film Festival-13
* Mejor corto de animación en Hollywood Shorts Reel 14
* Selección oficial en la competición de cortometrajes de la Academia Film Olomouc
* Premio al mejor vídeo profesional en ON zientzia Teknopolis 201.
embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

Curta realizada polo equipo de divulagare, a información está no enlace anterior. O seu canal de vídeo ten como obxectivo levar a ciencia a toda a sociedade e dende este blog pretendemos animar a que visitedes a páxina e a súa canle de divulgación.

Eu quixera ser civilizado como os animais

Dentro do festival dedicado ao Día das Letras Galegas, os alumnos de Primaria escolleron a  interpretación desta canción como homenaxe ao ser humano e á natureza. Actitude de compromiso e concienciación que se traduce nunha  permanente referencia á necesidade de coidar o mundo natural e á crítica de accións irreflexivas e irrespectuosas co medio. En definitiva, elección que amosa que os rapaces están identificados coas mensaxes de participación dinámica e de solidariedade co mantemento dun mundo sostible para todos.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Balmes Natura presenta o documental «O Acuario»

A nosa canle televisiva presenta hoxe un documental no que se describen os pasos da construción de 1 acuario de reciclaxe. Seguindo a liña temática do proxecto do presente curso, os alumnos de 4º de Primaria, dirixidos pola profesora Fátima Rodríguez, elaboraron un acuario no que non falta detalle, sempre con material de refugallo. Experiencia na que se transmite o valor da reciclaxe, unido á concienciación sobre a riqueza da auga como elemento de vida.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Clear as water

Os alumnos de Secundaria, dirixidos pola docente Pilar Allo, elaboraron un vídeo no que recollen diversas mostras da importancia da auga para a vida global do planeta e para a nosa vida cotiá. Documento homenaxe á temática do presente curso, que responde ao mesmo tempo á iniciativa pedagóxica presente no intento de concienciación sobre a necesidade de coidar o medio e á insistencia na utilización do inglés oral, tamén recurrente no noso labor educativo.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt