Archive

Archive for the ‘FOTOGRAFÍA’ Category

Entrevista ao doutor Angel Carracedo

O profesor Angel Carrecedo veu ao colexio Jaime Balmes a dar unha charla sobre a súa actividade en xenética. Foi entrevistado por un grupo de alumnos de 1º de ESO, aquí deixo o vídeo da entrevista (Novembro de 2018).

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Pirograbado de nomes de árbores

Toca labor de restauración das tablillas cos nomes das árbores.

Despois de recollelas, desmontalas e lixalas pasamos o pirógrafo.

Traballo realizado por alumnos de 3º de ESO, ver vídeo:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

Día da terra

Na Voz de Galicia:

La granja salió a la calle para reivindicar el día de la Tierra

“Cerca de 200 alumnos de este centro noiés
se disfrazaron para repartir plantas cultivadas por ellos entre los vecinos”

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Album Voz de Galicia 

O ovo de pito

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Este curso vamos a criar ovos de ave.

Miñocas

O noso vermicompost nun inquedante vídeo, (inquedo, movido) pero quedou grabada a posta da miñoca.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Visita as illas Cíes

A avespa asiática e o avispón

Os avispóns forman un grupo ben definido dentro da familia Vespidae. O seu gran tamaño,  as súas aceiradas mandíbulas e o seu agudo aguillón que se encontra conectado cunhas glándulas del veleno converteunas nuns dos insectos máis temidos nas rexións onde habitan. Aliméntanse a base de savia das árbores  pero tamén son hábiles depredadores.

A avespa asiática para  alimentar as súas larvas  captura moitos tipos de insectos como:  abellas, avespas, moscas, arañas, orugas, formigas, bolboretas e pulgóns. Para capturar as abellas, sitúase en voo estacionario na entrada das colmenas  o seu maior tamaño permítelle capturar unha abella en voo.

Vídeo producido polo Concello de San Sadurniño, guión e realización de C. Galdo-Entremedias.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Como diferencialas?

O avispón, Vespula crabo  é autóctono, ten o tórax vermello e o abdome negro e amarelo.  

Hornet-vespa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A avespa asiática  Vespa velutina,  é un tipo de avespa orixinaria de Asia,  da China, a India e Indonesia. Considérase especie invasora en Galicia.  Foi introducida en Francia (probablemente antes do 2004). Atópase en zonas asiáticas nas que o clima é comparable ao de Galicia. O abdome da Vespa velutina é negro ou marrón cunha franxa caudal amarela e a cabeza negra coa fronte laranxa. Os extremos das súas patas  son amarelos.

Vespa_velutina_nigrithorax_MHNT_dos

 

 

GUERRA HORARIA POR LA AVISPA ASIÁTICA

Diana Blas Pérez

Nerea Núñez García

Saray Alvela Caamaño

1ºA ESO

 

A achega da enxeñeiría

Incidindo na importancia das charlas impartidas por expertos, o colexio acolleu a charla de Alejandro Arias, enxeñeiro e ex alumno do colexio. O obxecto a charla era a explicación do proxecto ECODRAGA, financiado polo Ministerio de Fomento. Tamén expuxo as claves doutros proxectos profesionais levados a cabo nas empresas COLYAER, SETGA ou a spin-off da Universidade de Vigo “Quantum Innovative”. Unha vez expostos os temas mencionados, Alejandro aproveitou para facer un repaso da estrutura dos graos universitarios de enxeñería, sinalando o percorrido desde o ensino obrigatorio ata o mundo laboral.

Homenaxe á tradición

Os alumnos de Educación Primaria e Infantil do colexio Jaime Balmes de Noia, celebraron o magosto no polideportivo do colexio. Despois de comer as castañas os nenos compartiron xogos populares como o da corda ou os sacos, convertendo a tarde nunha explosión de alegría e convivencia respectuosa. Xornada na que a alegría foi a protagonista dunha exaltación dunha tradición arraigada na sociedade galega.

 

A ritmo de BreakDance

Iniciamos o curso continuando coa dinámica de potenciar a vida sa coa práctica de exercicio mediante o baile.  Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria asistiron a una exhibición de BreakDance no polideportivo do colexio. Os protagonistas foron Pablo e Dani, da Vella Escola, organismo especializado na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia. O evento estivo organizado pola ANPA, que potencia esta actividade para alumnos de cursos superiores a 3º de Primaria.

embedded by Embedded Video

YouTube DirektBreakDance