Archive

Archive for the ‘EXCURSIÓN’ Category

Sendeirismo: Río Tambre-Devesa de Nimo

Sendeirismo: Río Tambre-Devesa de Nimo

Enlace a La Voz de Galicia: «Los rescatadores de paseo

 

 

s naturales condenados al olvido«

resized_IMG_5988 resized_IMG_5991 resized_IMG_5995 resized_IMG_5996 resized_IMG_6006 resized_IMG_6009 resized_IMG_6018 resized_IMG_6024

Sendeirismo ao río Tambre

Ruta de Sendeirismo dende o polígono industrial de Augalevada ao río Tambre, forma parte da rede de sendeiros de Galicia, PR-G 11 co nome: Río Tambre-Devesa de Nimo. 

Enlace ao MAPA DA RUTA

Un vídeo…

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Festa de Voz Natura 2015-16

Festa na Acea da Ama (O Burgo-Culleredo) , sábado 4 de xuño.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Visita as illas Cíes

Illas Cíes

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

As illas Cíes, forman parte do parque nacional marítimo-terrestre das illas atlánticas.

Identificación:

Composto polas Illas de Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Sito na bocana da ría de Vigo.

Pertence ao concello de VIGO

Superficie: 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres y 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/img/geomap_cies.jpg

Para o visitante, información xeral:

FOLLETO INFORMATIVO DO PARQUE.

FOLLETO INFORMATIVO DAS ILLAS CÍES

Información detallada:

GUíA DE VISITA DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

GUÍA BÁSICA DE AVES MARINAS DEL PARQUE NACIONAL DE LAS ISLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA Y DE LAS RÍAS BAIXAS

ARQUEOLOGÍA SUBACUÁTICA EN EL PARQUE NACIONAL DE LAS ISLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. (Arqueoloxía, guerras, corsarios, piratas).

 

Asier Sousa Fernandéz  1A

 

Sinais de sendeirismo

Os sendeiros da federeción española de montañismo son sendeiros homologados. En galicia  encárgase a federación galega de montañismo.

Cales son os seus tipos?

Os de gran percorrido  denomínanse coas letras GR- e un número, como o GR-94 ou rural de galicia, son de máis de 50 Km. E os de pequeno percorrido galego, cunha lonxitude máxima de 50 km.,  denomínanse coas letras PR-G e un número, como por exemplo o PR-G 12, Monte San Lois,; e o PR-G 11, Río Tambre-Devesa de Nimo en Noia.

Ver o enlace de sendas para descubrir un país.

Tipos de sinais.

* Sinais sobre o terreo de continuidade.

Son  dous  rectángulos paralelos separados entre si. O superior será de cor branca e o inferior vermella nos de gran percorrido e amarela nos de pequeno percorrido PR-G. Non son admisibles outras cores.Marca 1

 

 

 



* Marcas de dirección equivocada.

É un símbolo X ou cruz de San Andrés. O trazo brazo será continuo e estará pintado de arriba a dereita a abaixo a esquerda.

marca 2

 

 

 

 

 

* Marcas de cambio de dirección.

Son dous trazos que simulan o cambio de dirección o de fora ou envolvente sempre é o branco.

marca 3

 

 

 

 

 

* Marca de ifdentificación do sendeiro ou baliza.

É un cadrado de 15 cm. de lado, o fondo é de color do sendeiro.

marca 4

 

 

 

 

*Sinais sobre soportes: postes, frechas.

 

 

marca 5

 

A grandeza de compartir

Correo recibido de Don Julio después de la celebración del día del árbol. Se reproduce íntegramente:

«Con motivo de un viaje del Inserso a Santiago y sus alrededores, el pasado día 19 de marzo, junto con mi esposa hemos visitado Noya. Tuvimos la gran suerte de coincidir con un grupo de niños y niñas de unos 4 o 5 años pertenecientes a ese Colegio. Portaba cada uno de ellos un pequeño tiesto reciclado donde habían hecho germinar una semilla de tomate ya convertida en una hermosa tomaterita, y doble suerte, una niña llamada Andrea me regalo generosamente la tomatera que con ilusión había cultivado y triple suerte otro niño llamado Marcos hizo generosa donación de su preciosa tomaterita a mi esposa María. Da la casualidad que, aunque residimos en El Escorial (Madrid) cultivamos un pequeño huerto totalmente ecológico en un pueblecito de la provincia de Salamanca, donde tendrán definitivo asiento los dos preciosos regalos que nos han hecho Marcos y Andrea. Oportunamente informaremos del desarrollo de las plantas que con tanta ilusión han producido tan generosos alumnos.
Enhorabuena a ese Colegio por enseñar a niños tan pequeños cosas tan importantes y a sus pequeños alumnos por su generosidad, pues para unos abuelos como somos nosotros ha sido realmente emocionante.
Atentamente Julio y María (71 años) y dos nietas de la misma edad de Marcos y Andrea

GRACIAS Don Julio y Doña María

Ver fotos da actividade.

Ver nota de prensa en «La Voz de Galicia»

 

 

https://www.dropbox.com/lightbox/home/BLOG%20WORDPRESS

Xornal A Nosa Voz

 

PORTADA2

Unha vez máis o traballo do Plan lector anual para o Centro xirou arredor do proxecto de Voz Natura. Este ano desde o xénero xornalístico, polo tanto inclúe artigos, crónicas, cartas, anuncios, noticias. Un abano de rexistros para reflectir os proxectos, as actividades deseñadas e os coñecementos adquiridos. Traballo en equipo no que oparticiparon os alumnos de todas as etapas educativas, desde Infantil ata 4º da ESO. Desexamos que vos guste.

Para velo, pulsa aquí.

 

Balmes Natura: programa especial

A nosa canle de televisión emite esta vez un directo que realizamos co motivo da celebración do Día da Árbore e do Día do Auga. Desde o colexio os alumnos de 3º de ESO conectaron cos distintos grupos que estaban traballando: Infantil e Primaria ata 4º na alameda de Noia repartindo plantas, 3º ciclo de Primaria no río San Francisco analizando a auga e facendo sendeirismo e 1º da ESO desenvolvendo os mesmos labores no río Traba. En definitiva, implicación de todo o Centro nunha homenaxe colectiva ao medio e, máis concreamente, ao mundo vexetal e as augas fluviais. Experiencia de gran efectividade concienciadora e transmisora da mensaxe de protección medioambiental.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Río Traba, Lousame. 1º ESO

 

Galería de fotos do grupo de 1º ESO no río Traba

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ÁRBORE & AUGA

Dende logo vivimos nunha zona espectacular, onde abunda a cor verde e a auga. Si, a auga, abunda tanto que ás veces aburre, pero HAI TANTA VIDA NA AUGA!!

       Na celebración do día da árbore & auga (21 e 22 de marzo) a nós, o terceiro ciclo de Primaria, tocounos AUGA. Fomos coñecer un tramo do río San Francisco    ou  Lobo, río de Noia que se chama das dúas formas.
Fixemos moitas actividades, pero a primeira delas, a máis sinxela, foi moi bonita: estivemos dous minutos en silencio total escoitando a auga e os ruídos dos  entorno. Conseguir o silencio costou un pouco, pero logo todos o respectamos porque os sons eran moi agradables.

   Logo dividímonos por grupos e, rotando, fixemos outras actividades. Analizamos a auga, aínda que a verdade é que non facía falta porque se vía limpa, cristalina… xa deixara atrás todas as turbulencias do inverno.

         

A seguinte actividade foi buscar macroinvertebrados. Buscar, buscamos: levantamos pedras, removemos un pouco o fondo, usamos o truel… pero  non atopamos moitos, so zapateiros ou tixeretas, algunha larva de cabaliño do demo e pouco máis. Peixes non vimos, nós éramos tantos que debimos espantalos e non se deixaron ver. O que si vimos e capturamos foron sapos, salamántigas, lagartixas…. e despois de fotografalas, devolvémolas ao seu lugar.

      

   

Tras esta actividade chegou á hora de camiñar pola beira do río. Tiñamos que observar e fotografar a vexetación de ribera. Era bastante abundante anque a primavera non fixo máis que empezar e algunhas árbores todavía non tiñan follas.

     

 

Tamén debíamos fixarnos nas presións sobre o río, e dicir, a pegada do home; aí si que atopamos cousas.

 

  

A dicir de algúns ao chegar a clase, o día foi fantástico, espectacular, tope guay, moi bo… e con algunha que outra molladura de pés.