Archive

Archive for the ‘ENERXÍAS RENOVABLES’ Category

Vermicompost

Explicación do vermicompost ou compost de lombríz por Pepa Pig.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Manual básico para facer vermicompost

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Este proceso tan marabilloso relata o que poden facer as lombrices nun recipiente de “poliespam” de reciclaxe. O traballo consiste aproveitar dúas caixas de peixe, nunha marcar cun rotulador múltiples puntos e perforar a base para que pasen os lixiviados (líquido que se desprende) polos buratos. Na caixa de abaixo recóllense os lixiviados, para iso instálase unha billa a partir dunha botella de plástico. Na caixa de arriba vótanse  as lombrices con  follas e restos de cociña como froita… para que se poidan alimentar. Os seus restos de dixestión serán o lombricompost ou compost de lombríz

RAUL, ADRIAN, FABIAN 1ºA de ESO.

Efecto invernadoiro

Animación sobre efecto invernadoiro. O     simulador Greenhouse Effect permite comprobar como inflúen algúns gases que están presentes na atmosfera no valor da temperatura media da superficie da Terra. Os Puntos amarelos: radiación solar que chega a terra.
Os Puntos vermellos: radiación infravermella que emite a terra.
The Greenhouse Effect

Click to Run

“A NATUREZA NAS ONDAS: UN BERRO DE AXUDA”

Os alumnos de 6º A realizamos, baixo a dirección de Loreto, a profesora de prácticas, un proxecto medioambiental chamado: “A NATUREZA NAS ONDAS: UN BERRO DE AXUDA”

Consta de 5 programas (un programa por grupo) nos que quixemos achegarnos a varios dos problemas que sofre a Natureza. Están realizados con cinco estilos diferentes:

  • ENTREVISTA: ACCIÓN HUMANA NA CONTAMINACIÓN DO PLANETA
  • NOTICIEIRO: OS INCENDIOS FORESTAIS
  • DOCUMENTAL: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
  • COLOQUIO: ESPECIES INVASORAS
  • REPORTAXE: PARQUE NATURAL DUNAS DE CORRUBEDO E LAGOAS DE VIXÁN E CARREGAL

Ainda que  non somos profesionais e non saiu todo o ben que nos queriamos, pensamos que debemos compartilos e asi axudar a que sexamos mais conscientes do problema. Ademais quixemos rematar todos os programas cun consello ou medidas para combatir estes perigos.

Aquí presentamos os tres primeiros:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Nunha próxima entrada subiremos os dous programas que quedan.

Despedímonos deixándovos esta emotiva canción de Michael Jackson sobre o planeta, escoitádea.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Festa Voz natura 2015

cartel50x70_fiestaVN2014_DEF_2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pincha na imaxe para ver o álbum

 

 

 

 

 

Album fotográfico da exposión. 

Ou reciclas ou…

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Premio ao mellor blog de Voz Natura

O premio foi para o blog “DO PEDERNAL Á FUSIÓN” CPI de PANXÓN. Dende aquí queremos dar a noraboa ao centro.

Ver a entrada na páxina web de Voz Natura.

O noso blog foi finalista na web escribiron sobre nos o seguinte:

“En cuanto al cuaderno digital del colegio noiés, el fallo pone en valor su intensa y extensa labor desarrollada en las aulas y compartida en el blog, bajo una perspectiva CTS (Ciencia, Tecnología y Sociedad) de la educación y enfocada al desarrollo de las competencias ambientales”

 

Escritas con enerxía

Escritas Con Enerxia by alsuvi

Un pouco de historia… da ENERXÍA

A PREHISTORIA

PALEOLITICO

 

 A primeira fonte de enerxía para os seres humanos é a comida.Trasfórmase en enerxía necesaria para mover os músculos.

Logo as persoas aprenden a facer lume. A partir deste momento dispoñen dunha fonte de enerxía que lles dá luz, calor e protección.

                          Por: Mateo, David, Mariña, Yaiza

 NEOLITICO

 

 

Aparecen os primeiros asentamentos humanos e desenvólvense a gandería e agricultura. Tamén se aproveita a forza muscular dos animais. Por esta razón hai que alimentar ós animais para que poidan converter o alimento en enerxía.

 

 

 

 

IDADE ANTIGA

Os primeiros muíños de vento e agua(noras) utilízanse en Mesopotamia para transportar a auga.

Os exipcios son os primeiros en utilizar o vento para facer funcionar os barcos e os muíños de vento.

Conquistadores e mercaderes traen os muíños de vento a Europa.

Por: Paula Vázquez e Paula Retuerta

 

 

 

 

 

IDADE MEDIA

O despegue económico de finais da Idade Media non sería posible sen a enerxía proporcionada polos muíños de auga.

Auga, vento e madeira seguen a ser as principias fontes de enerxía en esta época e nos comezos da Idade Moderna.

Por: Gabriel, Yaiza e Paula Vázquez

 

 

 

 

IDADE MODERNA

O vento e a auga van sendo substituidas polo carbón e o petróleo. A enerxía muscular e substituida polas máquinas.

Aínda que o pretróleo coñécese dende a antigüidade como betún e asfalto ou como impermeabilizante para os barcos, non foi ata 1859 cando se perforou o primeiro pozo petroleiro.

Máis tarde logrouse separar a querosina do petróleo e empezouse a empregar como combustible.

 

   IDADE CONTEMPORÁNEA

Nos comezos desta época (durante a Revolución Industrial) a máquina de vapor tivo un papel relevante para mover máquinas e aparatos como locomotoras, barcos…e acelerou o desenvolvemento económico.

Desenvólveuse a texnoloxía. O carbón e o petróleo producen gran cantidade de enerxía, pero durante a sua combustión desprendense gases que contribúen ao quentemento global.

Descobrese a enerxía nuclear. Unha fonte de enerxía novidosa . Produce moita máis enerxía que outras fontes, non obstante, é moi perigosa e xera moitos problemas ( radioactividade,  residuos nucleares, etc.)

Por: Paula Retuerta, Paula Vázquez, Alex e Yaiza

 

 

NA ACTULIDADE

As finais do século XX comenzouse a cuestionar o modelo enerxético por dous motivos: os problemas medioambientais (contaminación.quentamento do planeta…) e os riscos da enerxía nuclear.

Para reducir estes riscos comezan a utilizarse AS ENERXÍAS LIMPAS (vento, sol, auga, biomasa…) .

Clase de 5º de Primaria

 

Celebramos o Día do planeta

 

A dor da Terra Nai

planeta terra

22 de abril, Día do planeta

A Voz da Escola do 17 de abril de 2013 proponnos colaborar no coidado e protección do planeta.

Que tal se aceptamos?

Segundo o informe editado polo Programa das Nacións Unidas para o Medioambiente (PNUMA), son seis as pragas do planeta que é preciso atender con urxencia:

1-Auga doce: recursos hídricos. Humidais, consumo, tarifas, saneamento.

2-Biodiversidade: ecosistemas, deforestación, áreas protexidas, sostibilidade.

3-Cambio climático: combustibles fósiles, emisións de carbono, incentivos.

4-Residuos perigosos: redución, reutilización, reciclaxe.

5-Enerxía: aforro, eficiencia enerxética, enerxías renovables, almacenamento.

6-Mares e océanos: zonas costeiras, áreas mariñas, cimas e arrecifes. 

A proposta consiste en que nos seis días que van do 17 ata o 22 de abril dediquemos un día a cada unha delas, facendo o que poidamos na aula ou noutros lugares.

Vós xa realizastes unha espléndida tarefa durante este curso: limpeza de praias, reforestación e coidado do monte do colexio, achegamento aos nosos veciños da campaña de aforro enerxético que seguimos no colexio, coas nosas mascotas Pingo e Luci, coñecemento da nosa biodiversidade (conferencia sobre a píllara das dunas e visita ao parque natural de Corrubedo)…

 Pero podemos facer máis.

Que vos parece? Intentámolo?

Se vos animades, compartídeo despois neste blog, especificando a cal dos 6 temas vos dedicastes.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Solicitude de contedores de vidro

O día 1 de marzo de 2013 realizamos a limpeza das praias do Concello de Noia. Ese día recollimos moito vidro, máis que o ano pasado, así que para reciclalo debíamos botalo en contenedores “iglús”, pero na praia de Testal e Boa non había. A profesora de lingua María José Viña foi a responsable da actividade.contenedor de vidro

CARTAS AO ALCALDE.pdf