Archive

Archive for the ‘AUGA’ Category

Día internacional da Auga

Album de fotos, pincha na foto:

Ver enlace da prensa:

Los alumnos del Jaime Balmes se convierten en guardianes del agua

 

Sendeirismo ao río Tambre

Ruta de Sendeirismo dende o polígono industrial de Augalevada ao río Tambre, forma parte da rede de sendeiros de Galicia, PR-G 11 co nome: Río Tambre-Devesa de Nimo. 

Enlace ao MAPA DA RUTA

Un vídeo…

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Forest Man

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Dragado ecolóxico

As nosas rías, os nosos ríos, portos… precisan, de cando en vez, un dragado.

O dragado pretende eliminar parte dos materiais do fondo para facilitar a navegación ou aumentar o caudal e evitar inundacións.

Pero un dragado ten impactos no medio natural. Afecta aos organismos que viven no fondo.

DragadoContaminación

E tamén contamina a auga, porque a draga extrae area, lodo e rochas mesturadas coa auga, e logo devolve esa auga ao mar.

 

 

 

 

 

 

O problema é que a auga arrastra substancias contaminantes, que logo pasan aos organismos que viven nesa zona e, ao longo da cadea trófica, acaban chegando a nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

Para solucionar este problema, diversas empresas galegas xunto coas Universidades de Vigo e A Coruña, co apoio da Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Unión Europea, desenvolveron o Proxecto Ecodraga. Ecodraga

 

 

 

 

 

 

 

 

O Proxecto Ecodraga foi presentado nas xornadas “La protección de nuestras costas” o 5 e 6 de outubro de 2015 na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Xornadas

 

 

 

 

 

 

 

Un dos participantes no proxecto e nas xornadas, Alejandro Arias Blanco, ex-alumno do Colexio Jaime Balmes, tivo a amabilidade de explicar aos nosos alumnos de 4º de ESO en qué consiste a ecodraga e os beneficios que ten para o medio ambiente o seu emprego.

IMG_20160111_110351

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En esencia, a ecodraga pretende (e as probas realizadas demostraron que consegue) eliminar os verquidos de auga contaminada, volvéndoa a expulsar ao fondo por recirculación, impedindo que os contaminantes se dispersen na columna de auga.

IMG_20160111_111320

A achega da enxeñeiría

Incidindo na importancia das charlas impartidas por expertos, o colexio acolleu a charla de Alejandro Arias, enxeñeiro e ex alumno do colexio. O obxecto a charla era a explicación do proxecto ECODRAGA, financiado polo Ministerio de Fomento. Tamén expuxo as claves doutros proxectos profesionais levados a cabo nas empresas COLYAER, SETGA ou a spin-off da Universidade de Vigo “Quantum Innovative”. Unha vez expostos os temas mencionados, Alejandro aproveitou para facer un repaso da estrutura dos graos universitarios de enxeñería, sinalando o percorrido desde o ensino obrigatorio ata o mundo laboral.

“A NATUREZA NAS ONDAS: UN BERRO DE AXUDA”

Os alumnos de 6º A realizamos, baixo a dirección de Loreto, a profesora de prácticas, un proxecto medioambiental chamado: “A NATUREZA NAS ONDAS: UN BERRO DE AXUDA”

Consta de 5 programas (un programa por grupo) nos que quixemos achegarnos a varios dos problemas que sofre a Natureza. Están realizados con cinco estilos diferentes:

  • ENTREVISTA: ACCIÓN HUMANA NA CONTAMINACIÓN DO PLANETA
  • NOTICIEIRO: OS INCENDIOS FORESTAIS
  • DOCUMENTAL: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
  • COLOQUIO: ESPECIES INVASORAS
  • REPORTAXE: PARQUE NATURAL DUNAS DE CORRUBEDO E LAGOAS DE VIXÁN E CARREGAL

Ainda que  non somos profesionais e non saiu todo o ben que nos queriamos, pensamos que debemos compartilos e asi axudar a que sexamos mais conscientes do problema. Ademais quixemos rematar todos os programas cun consello ou medidas para combatir estes perigos.

Aquí presentamos os tres primeiros:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Nunha próxima entrada subiremos os dous programas que quedan.

Despedímonos deixándovos esta emotiva canción de Michael Jackson sobre o planeta, escoitádea.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

CELEBRACIÓN DÍA DA AUGA: SAÍDA AO RÍO LOBO

Trala celebración do día da árbore  por parte dos alumnos de Infantil e 1º e 2º ciclo de primaria, os alumnos de 5º e 6º curso completaron a actividade  de cocienciación medioambiental conmemorando tamén o día da auga, 22 de marzo.

IMG_6808   Con tal motivo realizaron una saída ao río Lobo ou San Francisco para limpar e analizar o entorno dun tramo deste río ao seu paso polo lugar de Ponte San Francisco. Realizáronse análises da auga, estudo de macroinvertebrados, da vexetación de ribeira… ademais dunha ruta de sendeirismo na que se  recollería o lixo que atoparamos. Mais, grande foi a nosa sorpresa porque o lugar estaba moi coidado e o pouco lixo que había  procedía do arrastre das augas  e estaba nunha zona inaccesible  (para nós) do río.IMG_6844

Os rapaces, armados de trueles, capturaron zapateiras, larvas de libeliñas, ras, pintafontes, lombrigas e algún que outro molusco. Ata un alevín de troita que axiña se liberou do truel. Tamén recolleron mostras de vexetación da zona para poder clasificala logo en clase. Polo que respecta ás augas, estaban a  11, 5º de temperatura, totalmente cristalinas, cun ph entre 6.5 e 7 e sen rastro de nitratos. Nunha próxima entrada no blog publicaremos o traballo realizado.

O tempo acompañou e os nenos gozaron dunha mañá na que aprender foi sumamente divertido, incluindo algúns pés mollados.P1050790IMG_20150325_113842

Praia 2015

O venres, 6 de marzo, todos os alumnos de ESO e os seus profesores levaron a cabo unha limpeza da praia de Testal. A actividade, incluída no proxecto de Voz natura, ademáis de concienzar aos chavales sobre a necesidade de manter limpos os espazos naturais, ensinoulles a importancia da recollida selectiva de lixo.

Ver artigo publicado en “La Voz de Galicia”

resized_IMG_9053 resized_IMG_9139

Tamén colaboraron na actividade a agrupación da Cruz Vermella e usuarios das asociacións  A Creba e a Misela, ademáis da Confraría de Pescadores de Noiae o Concello de Noia.

Album da limpeza nº1

Album nº 2

Datos da recollida realizados a partir de táboas extraídas da web vertidos cero (en castelán).

PLAYA Extensión del área de limpieza: 4 hectáreas.

Hora de inicio: 10:35- Hora de finalización: 12:15
Fecha de la última limpieza de la playa: Marzo 2014. 
CLIMA.  Dirección e intensidad del viento: NE Flojo
Lluvia, niebla, hielo, nieve o tormentas de arena: No
MAR Dirección e intensidad del oleaje. Marea: baja, bajamar a las 10:34 am.

FAUNA Animales varados o muertos: No 

Presencia de los siguientes objetos.

FRACCIÓN PLÁSTICO/ POLIESTIRENO
 Cintas portalatas
 Bolsas de la compra
 Otras bolsas (fruta, congelados, basura, comida de animales …)
Botellas de bebida
Envases de comida y cosméticos . Tapas y Tapones 

Bolsas, envoltorios, palos … de chucherías 

Pajitas, Cubiertos, Vasos, Tazas, Copas 

Envases de limpiadores
Cintas de embalaje (flejes, bridas …)
Embalajes industriales, Láminas de plástico
Espuma, esponja
Sacos de uso agrícola o ganadero (fertilizantes, pienso …)
Cuerdas (diámetro > 1 cm)

Cuerdas/ Cordeles (diámetro < 1 cm)

Objetos utilizados en acuicultura (Cestas de cultivo de ostras, bolsas cultivo mejillón/ostras) 
Objetos y artes de pesca
Redes y piezas de redes,
Cuerdas y redes enmarañadas
Nasas
Alcatruces para pulpos,
Sedales y anzuelos, Cebos y Tubos luminosos …)
Cajas para el pescado
 Piezas de plástico/poliestireno 0-2,5 cm
 Piezas de plástico/poliestireno 2,5 cm-50 cm          
 Piezas de plástico/poliestireno > 50  cm          
 Nasas de pulpo de plástico (arte ilegal)          
FRACCIÓN GOMA
 Globos, balones, cintas, válvulas …
 Neumáticos
FRACCIÓN ROPA- TEXTIL          
  Ropa          
  Zapatos (cuero)          
  Tapicerías            
FRACCIÓN PAPEL / CARTÓN          
  Bolsas de papel          
  Cartón          
  Bricks (leche, zumos …)          
  Cajas de cartón          
 Paquetes de tabaco          
 Colillas          
 Periódicos y Revistas          
             
FRACCIÓN MADERA (trabajada) 
  Corchos          
  Palos de helados, cubiertos …          
  Palés          
  Cajas          
  Nasas                  
  Otras piezas de madera < 50 cm          
  Otras piezas de madera > 50 cm          
FRACCIÓN METAL   
  Latas de bebida          
  Tapas y Tapones, chapas, anillas de latas de bebida          
  Papel de aluminio          
  Envases de comida, latas de conservas, bandejas …                 
  Botes de pintura            
  Objetos y artes de pesca (Nasas, pesos de pesca …)          
  Alambre          
  Aparatos eléctricos, baterías, pilas          
  Otras piezas metálicas < 50 cm          
  Otras piezas metálicas > 50 cm          
FRACCIÓN VIDRIO 
Botellas y Tarros          
Piezas de vidrio                     
FRACCIÓN CERÁMICA    
Materiales de construcción, entullo          
                         
FRACCIÓN RESIDUOS HIGIÉNICO-SANITARIOS   
 Preservativos          
 Bastoncillos de algodón          
 Compresas, salvaslips, toallitas húmedas          
 Tampones (incluidos aplicadores)                
  Envases y Tubos de medicamentos          
  Jeringuillas         
  Otros (algodón, vendas ….)    

Limpeza de praia 2015

Día: Venres 6 de Marzo.
Horario: 10:20 a 13:15. (a baixamar é as 10:34)
Lugar: Praia de Testal (Concello de Noia).

Organizado polo Colexio Jaime Balmes e coa colaboración da Cruz Vermella de Noia e da Asociación pro Saúde Mental A Creba.
Tamén colaboran: Concello de Noia, que achegará o tractor para recoller as bolsas. Confraría de Pescadores de San Bartolomeu de Noia, tractor.

Playa

MATERIAL

1. Luvas de látex ou coiro
2. Bolsas e capachos
3. Chalecos (para os encargados da recollida de vidro).
4. Sistema de pesaxe.
5. Formularios de obxectos recollidos e lápis.

PASOS A SEGUIR PARA UNHA LIMPEZA “ECOLÓXICA”

‐ Deben levar calzado e roupa resistentes.
‐ Empregar luvas para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, chatarra, etc

Ver protocolo da asociación vertidos cero

1- GRUPOS
Dividirase o treito para traballar en 2 zonas, cada zona con un gran grupo (A- 1º e 2º de ESO e B-3º e 4º de ESO)
Cada gran grupo (A e B) sairá dun lado oposto da praia, e irán avanzando ata encontrarse.
Cada gran grupo (A e B) dividirase en 2 equipos, 2 de limpeza e un de pesaxe:

Grupo A
Lugar de saída: Muelle de Testal-Lonxa

Equipo A-1
3º de ESO

Equipo A-2
4º de ESO
Equipo A-3 de pesaxe

Lugar de saída: Taramancos
Equipo B-1. 1º de ESO
Equipo B-2. 2º de ESO

Equipo B-3 de pesaxe

2-SISTEMA DE TRABALLO

Será unha recollida selectiva.
Os grupos avanzarán en fileiras facendo unha batida e recollendo o lixo que se clasifica así:

* Residuos inertes como plástico e poliestireno, goma, téxtil, metal e cerámica. Recollidos en bolsas grandes de plástico (bolsa negra).
A bolsa non se ata
Agruparanse varias bolsas na cabeceira da praia para que sexan pesadas e recollidas polos tractoristas.

* Vidro. Bótase en barreños. Cada equipo levará 2 barreños , 2 rapaces por barreño, identificados cun chaleco reflectante.

* Pilas. Un alumno circulará cun depósito, caldeiro ou bolsa, no seu interior leva unha bolsa para recolectar pilas.

* Xiringas (por se aparece algunha). Cando se atope unha márcase o lugar con cinta (profesor) e avísase, hai que recordar que nunca se debe poñer en risco a saúde.

Despois de acumular os grupos de bolsas na cabeceira da praia, un equipo especial cerrará pesará e marcará cunha cinta as bolsas acumuladas para calcular a cantidade de lixo recollido.

Despois pasarán os tractores do concello e da confraría, posiblemente teñamos que axudar a cargar, sobre todo se aparece algún material voluminoso. O persoal do Concello encárgase de levalo ao punto limpo de Noia.

Ao finalizar limparase o material empregado (botas, roupa, sachos…).
Será o momento para un descanso e refrixerio.
Realizaremos unha foto de grupo donde estemos todos (Colexio, Cruz Vermella, A creba, A Misela, Concello, Confraría…)

O lugar de reunión será na zona de saída do grupo 2.

A orixe dos continentes e os océanos

A orixe dos continentes e os océanos, publicado en 1915, fixo tremer as bases das ciencias da Terra.

En 1910 Alfred Wegener, examinando un atlas, preguntouse se as siluetas dos continentes encaixaban entre si por casualidade. Reunindo datos de diferentes disciplinas científicas, propuxo a hipótese de que hai uns 300 millóns de anos todos os continentes anteriores estaban unidos nun só, Panxea (toda a terra). Posteriormente, hai uns 200 millóns de anos, Panxea comezou a disgregarse e os continentes a afastarse, nun proceso que aínda segue e que chamamos deriva continental.Pangea

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Noraboa a Manuel, Paula, Antía e Martín (5ºA); David Chaves (1A Eso); Íker e Adel (1B Eso); e Álex, Pablo e Carlos Moledo (2A Eso).