Presentación do proxecto DESPLASTIFÍCATE
enero 10th, 2020
Comeza un novo proxecto, unha nova ilusión e unha nova oportunidade de aprender. Este curso escolar dende Voz Natura propóñenos concienciar ao noso alumnado na redución dos plásticos.
É por isto que decidimos chamar ao noso proxecto…
DESPLASTIFÍCATE
Para comezar o alumnado de 4ºA de Educación Primaria decorou a cortiza da entrada do colexio con este precioso mural.