Dragado ecolóxico

As nosas rías, os nosos ríos, portos… precisan, de cando en vez, un dragado.

O dragado pretende eliminar parte dos materiais do fondo para facilitar a navegación ou aumentar o caudal e evitar inundacións.

Pero un dragado ten impactos no medio natural. Afecta aos organismos que viven no fondo.

DragadoContaminación

E tamén contamina a auga, porque a draga extrae area, lodo e rochas mesturadas coa auga, e logo devolve esa auga ao mar.

 

 

 

 

 

 

O problema é que a auga arrastra substancias contaminantes, que logo pasan aos organismos que viven nesa zona e, ao longo da cadea trófica, acaban chegando a nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

Para solucionar este problema, diversas empresas galegas xunto coas Universidades de Vigo e A Coruña, co apoio da Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Unión Europea, desenvolveron o Proxecto Ecodraga. Ecodraga

 

 

 

 

 

 

 

 

O Proxecto Ecodraga foi presentado nas xornadas “La protección de nuestras costas” o 5 e 6 de outubro de 2015 na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Xornadas

 

 

 

 

 

 

 

Un dos participantes no proxecto e nas xornadas, Alejandro Arias Blanco, ex-alumno do Colexio Jaime Balmes, tivo a amabilidade de explicar aos nosos alumnos de 4º de ESO en qué consiste a ecodraga e os beneficios que ten para o medio ambiente o seu emprego.

IMG_20160111_110351

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En esencia, a ecodraga pretende (e as probas realizadas demostraron que consegue) eliminar os verquidos de auga contaminada, volvéndoa a expulsar ao fondo por recirculación, impedindo que os contaminantes se dispersen na columna de auga.

IMG_20160111_111320

You can leave a response,or trackback from your own site.

Leave a Reply