A achega da enxeñeiría

Incidindo na importancia das charlas impartidas por expertos, o colexio acolleu a charla de Alejandro Arias, enxeñeiro e ex alumno do colexio. O obxecto a charla era a explicación do proxecto ECODRAGA, financiado polo Ministerio de Fomento. Tamén expuxo as claves doutros proxectos profesionais levados a cabo nas empresas COLYAER, SETGA ou a spin-off da Universidade de Vigo “Quantum Innovative”. Unha vez expostos os temas mencionados, Alejandro aproveitou para facer un repaso da estrutura dos graos universitarios de enxeñería, sinalando o percorrido desde o ensino obrigatorio ata o mundo laboral.

You can leave a response,or trackback from your own site.

Leave a Reply