Cometas

Comeza outra edición do Preguntoiro científico, e imos falar de cometas.

CometaNon, destes non… de cometas no espazo:

Cometa_2

O mércores 12 de novembro de 2014, despois de viaxar 10 anos e percorrer 6400 000 000 de quilómetros, o módulo Philae deixou a sonda Rosetta e aterrou no cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.

http://elpais.com/elpais/2014/11/07/media/1415391144_683857.html.

Ao longo dos próximos meses, se todo vai ben, Philae tomará fotografías, mostras do solo do cometa, analizará o seu campo magnético… e enviará toda esa información a Rosetta, que continúa xirando ao redor do cometa. A información chega á Terra despois de media hora (están moi lonxe).

O cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko foi descuberto en 1969 por Klim Churyumov tras unha fotografía tomada por Svetlana Gerasimenko. É un cometa periódico, o cal quere dicir que cada certo tempo achégase ao Sol e é visible dende a Terra.

O primeiro en darse conta disto foi un astrónomo, matemático e físico inglés, que prognosticou a chegada dun cometa no 1758.

A pregunta é:

Como se chamaba o astrónomo, como se chama o cometa e cando o volveremos ver preto da Terra?

You can leave a response,or trackback from your own site.

8 Responses to “Cometas”

  1. avatar Sara Heredia Blanco 6ªA dice:

    O cometa chámase 67P. O astrónomo chámase Churyumov-Gerasimenko.Volveremolo a ver dentro de dez anos.

  2. avatar Fabio 6º A dice:

    O astrónomo inglés chamábase Edmond Halley e o cometa chámase Halley. Volveremos a velo preto da Terra no 2061, veuse por última vez no 1986.

  3. avatar Noa y Martín dice:

    O astrónomo chámase Edmundo Halley(1657-1742). O cometa que descubriu leva o seu nome, 1P/Halley. Volverémolo ver no 28 de xullo do 2061.

  4. avatar Antía 5ºA dice:

    Lo descubrió Edmundo Halley. El cometa se llama 1P/Halley y volverá a pasar en 2061, porque tiene una órbita que dura aproximadamente 75 o 76 años y la última vez que apareció fue en 1986.

  5. avatar Brais e Yago 5ºA dice:

    O astrónomo chámase Edmund Halley. O cometa chámase 1p/Halley. Volverémolo ver o 28 de xullo de 2061,
    xa que transcurre preto da Terra cada 75 ou 76 anos.

  6. avatar Marcos e Pablo 5ºA dice:

    Chámase Edmond Halley.
    O cometa é Halley .
    O cometa viuse por última vez en 1986, e volverase a ver en 2062.

  7. avatar Sergio Paris 1ºB ESO dice:

    El astrónomo se llamaba Edmund Halley, el cometa Halley y lo volveremos ha ver en 2062.

  8. avatar iker otero 1B eso dice:

    As ideas de Newton axudaron que en 1707, Emund Halley enunciase que os cometas que pasaran en 1531, 1607 e 1682 eran todos o mesmo cometa, que aparecía a intervalos de 76 anos. Prediciu a sua volta en 1758. E pasou con puntualidade en 1986. E volverá a pasar en 2062.

Leave a Reply