Archive

Archive for noviembre 13th, 2014

Cometas

Comeza outra edición do Preguntoiro científico, e imos falar de cometas.

CometaNon, destes non… de cometas no espazo:

Cometa_2

O mércores 12 de novembro de 2014, despois de viaxar 10 anos e percorrer 6400 000 000 de quilómetros, o módulo Philae deixou a sonda Rosetta e aterrou no cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.

http://elpais.com/elpais/2014/11/07/media/1415391144_683857.html.

Ao longo dos próximos meses, se todo vai ben, Philae tomará fotografías, mostras do solo do cometa, analizará o seu campo magnético… e enviará toda esa información a Rosetta, que continúa xirando ao redor do cometa. A información chega á Terra despois de media hora (están moi lonxe).

O cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko foi descuberto en 1969 por Klim Churyumov tras unha fotografía tomada por Svetlana Gerasimenko. É un cometa periódico, o cal quere dicir que cada certo tempo achégase ao Sol e é visible dende a Terra.

O primeiro en darse conta disto foi un astrónomo, matemático e físico inglés, que prognosticou a chegada dun cometa no 1758.

A pregunta é:

Como se chamaba o astrónomo, como se chama o cometa e cando o volveremos ver preto da Terra?