Archive

Archive for noviembre 9th, 2014

A QUE É INTERESANTE?

Presentamos un novo apartado no que podedes participar tanto profesores coma alumnos achegando datos, feitos e noticias curiosas, sorprendentes, marabillosas… e tantos adxectivos extraordinarios como desexedes sobre a natureza (e o noso planeta en xeral), pois non hai mellor forma de aprender a respectala e defendela que coñecela ben. O pistoletazo de saída preséntao a clase de 5º A de Primaria, que ao dar o tema dos seres vivos se encontrou con algo realmente sorprendente. A esta pregunta:

CAL É O MAIOR DOS SERES VIVOS?

A maioría da clase respondemos que a balea azul, elefantes, os antigos dinosauros… e outras respostas que tiñan en común que todos pensabamos nos reinos animal ou vexetal. Pero o noso libro de texto deunos a primeira pista e decidimos investigala a fondo. Contámosvos. O ser vivo máis grande do mundo (ata agora coñecido) denomínase Armilliaria ostoyae e é un….HONGO, coñecido de xeito común como o mofo de mel. Soa doce, verdade? Pois non, este fungo é un parasito das raíces de diversas árbores e acaba destruíndoos. O individuo en cuestión é este da foto.

Armillaria-Ostoyae-250x180 Parécevos enorme? Non, claro que non, pero é que estes son os cogomelos visibles do fungo, non son cogomelos grandes nin monstruosos.

«A  Armillaria crece e esténdese principalmente de forma subterránea, polo que a maior parte do organismo xace escondido no chan. Ocasionalmente, durante o outono, este espécime envía algúns cogomelos de cor dourada á superficie, e eses son as únicas evidencias visibles da gran masa que existe debaixo. » Aquí atopámonos con outra sorpresa que non coñeciamos, non é o mesmo cogomelo que fungo. O fungo é o organismo e os cogomelos son unha especie de froitos que producen certos fungos.

Como é de grande a Armilliaria? Pois o maior  exemplar coñecido ocupa aproximadamente unha área de 900 hectáreas (como uns 10 campos de fútbol!), aínda non se puido coñecer con precisión o seu peso pero estímase nunhas 7000 toneladas e se cre que a súa idade podería superar os 2500 anos. armilliariaComo chegou a descubrirse?  «En 1992, uns científicos norteamericanos que estudaban as causas da morte de numerosas árbores nun bosque do estado de Washington (USA), acharon micelios da A. ostoyae en todas as árbores dañadas. Ao facer probas de ADN  a unha gran cantidade de mostras recollidas, descubriron que todas eran idénticas, polo que deduciron que se trataba dun único exemplar do fungo, que ocupaba todo o bosque. Segundo isto, chegaron á conclusión de que era o ser vivo máis grande da Terra, pois ocupaba unha extensión de 600 hectáreas. Pero no ano 2000, encontrouse outro exemplar da mesma especie nun parque nacional das «Blue Mountains», en Oregon (USA) que era moito maior, xa que ocupaba unha área de máis de 900 hectáreas. Cada outono, por todo o bosque, nas bases dos madeiros das árbores, xorden multitude de cogomelos e todas pertencen ao mesmo individuo. En España tamén existe esta especie de fungo, aínda que é pouco abundante. As especies de Armillaria que dominan no noso ámbito son A. mellea e A. tabescens. A primeira é bastante frecuente e causa importantes danos nos bosques e devesas en que se desenvolve.”

A que é realmente interesante?

Grazas a estas páxinas de Internet que, entre outras, nos axudaron a recompilar a información: http://candidoweb-biocuriosidades.blogspot.com.es/2013/08/cual-es-el-ser-vivo-mas-grande.html http://www.sabiask.com/sabiasque/animales/el-ser-vivo-mas-grande-del-mundo.html

Alumnos de 5º A de Primaria

Agardamos os vosos comentarios.