Archive

Archive for octubre, 2014

Un paseo polo monte

O pasado 22 de outubro os nenos e nenas do 3º curso de primaria fixemos unha saída ao monte para ver as diferentes especies de setas. Alí vimolas de todos os tamaños e cores: marróns, vermellas, laranxas, brancas, etc.

Foi unha experiencia moi divertida. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

Que fermosa é a natureza!

 

 

Slide7 Slide6 Slide5 Slide4 Slide3 Slide2 Slide8 Slide1

 

 

SEMENTANDO FUTURO

Como cada ano ao comezo de curso, presentamos o cartel deseñado para expresar de maneira gráfica as liñas temáticas a desenvolver no curso actual. Ademais de servir de motivación para as novas actuacións dentro do proxecto «SEMENTANDO FUTURO».

Tamén avanzamos que axiña coñeceredes á mascota deste curso, un espantallo, que simbolizará a protección dos nosos cultivos. Mais, nestes momentos atopámonos no proceso de selección e votación do nome.

Cartel: sementa futuro

resized_voz natura