Preguntoiro científico

Ao longo do presente curso académico, aproveitaremos o blog de Voz Natura para propoñer cuestións que teñan relación coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.

Unha vez ao mes, aproximadamente, propoñerase unha cuestión. Podedes participar enviando a vosa resposta como comentario. As respostas terán que ser en galego, e valorarase o rigor, a claridade e a orixinalidade.INTERROGACION-HOMBRE-PENSANDO

De entre todas as respostas, escollerase unha gañadora, tendo en conta o anterior.                O gañador recibirá un diploma.

(A idea está tomada do concurso  O Preguntorio Científico da web Educabarrié, no que vos animamos a participar).

Imos coa primeira cuestión.

Alfred_Nobel_mirrored

No ano 1911 concedéronlle o Premio Nóbel a unha persoa que xa o gañara con anterioridade. Foi a 1ª persoa en gañalo dúas veces. O 1º premio foille concedido por codescubrir unha propiedade da materia, que ten relación coas enerxías non renovables.

De quén estamos a falar e cal é a propiedade da materia pola que recibiu o seu 1º Premio Nóbel?

You can leave a response,or trackback from your own site.

8 Responses to “Preguntoiro científico”

  1. avatar Nerea e Gabriel,6º curso dice:

    Estamos a falar de Marie Curie, que con Henri Becquerel e o seu marido premiáronos pola súa investigación sobre os fenómenos radiactivos.Descubriron uns elementos químicos como o torio,radio e polonio que producen radiactividade e con estes elementos, anos máis tarde descubriron a enerxía nuclear.

  2. avatar Mariña e Yaiza 6º dice:

    A persoa da que estamos a falar é Marie Curie.
    Xunto con Henri Becquerel e Pierre Curie, foron recoñecidos cun Nobel polas súas investigacións sobre os fenómenos de radiación.
    Descubriron elementos químicos como o torio, polonio e o radio que podía producir radioactividad.
    Estas investigacións foron a base para que outros cientificos posteriormente descubriran a enerxía nuclear que é a que se libera nas reaccións nucleares dalgúns destes elementos (torio-232, plutonio-239, polonio-210…)

  3. avatar David y Agustín 6° dice:

    Estamos a falar de Marie Curie que gañou o primeiro Nobel xunto con outras dúas persoas,polas súas investigacións sobre a radioactividade en 1903.Traballou coa pechblenda e descubríu que contiña algún elemento máis radioactivo que o uranio.
    Así foi como descubríu o torio,o polonio e o radio.
    Grazas aos seus estudios outros científicos descubriron as reaccións nucleares que hoxe en día utilizanse en centrais nucleares para producir electricidade.

  4. avatar Fredi dice:

    Creo que foi un home.
    Non, creo que foi unha muller.
    En 1911, unha muller?
    Non sei.

  5. avatar Nerea e Gabriel,6º curso dice:

    Foi unha muller!!!! A PRIMEIRA MULLER!!!!

  6. avatar Alex e Pablo Sixto, 1ºA (ESO) dice:

    Foron un home e unha muller, estaban casados, Marie Curie e Pierre Curie,descubrieron os elementos radiactivos, no ano 1911.

    Alex e Pablo Sixto García, 1ºA (ESO)

  7. avatar Noa Calvo Durán dice:

    Están a falar de Marie Curie, a primeira muller en ter o Nobel de Fīsica, foi no ano 1903. A propiedade da materia é a radiactividade.

  8. avatar Diego Agra 1º B (ESO) dice:

    Foi unha muller, Marie Curie, en 1903 (a primeira muller en recibilo) xunto co seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel polo descubrimento da radiactividade e os elementos radiactivos.

Leave a Reply