Charla coa píllara das dunas

Album de fotos da Charla.

O mércores 20 de marzo os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron a una charla sobre a necesidade de protexer a píllara das dunas.

Os axentes medioambientais do distrito forestal IV da Xunta de Galicia Benigno Sánchez e Xan Portela expuxeron en dúas partes.

Na primeira parte Benigno Sánchez deu a coñecer a actividade laboral dos axentes do medioambiente, labores como o control de fauna, a ordenación e xestión forestal, control de queimas e incendios, así como a investigación das súas causas.

A segunda e máis extensa versou sobre a píllara das dunas. O axente Xan portela analizou aspectos da especie como: como é, como identificala, cor,tamaño, onde vive, as praias do mundo onde se pode atopar, alimentación, onde e cando cría, a posta, cor dos ovos, defensa ante predadores, migración e o estado de conservación da especie en Galicia e ameazas. As principais ameazas para a especie e o hábitat, tanto no período reprodutivo coma no invernal son: a destrución e alteración do hábitat (construción de diques, embarcadoiros, paseos marítimos, casas, desenvolvemento turístico..), as perturbacións humanas (tráfico de vehículos, pisoteos, prácticas deportivas acuáticas, predadores domésticos como os cans), a limpeza mecanizada das praias (tránsito de tractores e/ou cribadoras e a limpeza non selectiva) e a predación por especies de amplo espectro trófico, como a Gaivota patiamarela e Corvo pequeno).Tamén expuxo as condutas de conservación da especie que se levan a cabo en EE.UU., Francia, Australia e Galicia.

A charla foi un elemento positivo de concienciación para os rapaces, porque resultou amena,  dinámica  e atractiva.

Píllara das dunas

Dende este blog queremos agradecer aos axentes o seu esforzo e adicación.

Borrador do Plan de conservación da píllara das dunas

Proposta técnica do plan de conservación da píllara das dunas

 

You can leave a response,or trackback from your own site.

Leave a Reply