Logo
Busca a relación entre o logo do colexio Jaime Balmes e a presentación adxunta.
Unha pista, horizontal…

Busca a relación entre o logo do colexio Jaime Balmes e a presentación adxunta.
Unha pista, horizontal…

MEDIDAS DE AFORRO
Enlace ao plan de aforro de auga do goberno de Cantabria
O aforro de auga produce aforro de enerxía, pois o líquido é impulsado cara á túa vivenda con bombas eléctricas.
Racionaliza o teu consumo de auga.
Pecha a billa ao lavar os dentes ou afeitarte, podes aforrar ata 10 l.
Comprobe a temperatura da súa auga quente. Para lavar, non se precisa ter máis de 60°C.
“Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no povo medre
un meniño, un vello e un cantar…”
Para que poidan aprender a sementar, na horta do colexio facemos unha iniciación ás técnicas básicas da sememteira. Aquí engádese unha presentación sobre Cousas da horta:
A letra da canción-himno é de Fuxan os ventos
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
A reserva mariña conta cunha gran variedade de aves, illotes, lagoas…
No areal podemos atopar especies de plantas que viven en moi poucas praias de Galicia: Iberis procumbens, Sedum arenarium, Armeria pubigera ou Silena scabriflora.
Algunhas aves mariñas (agullas, mazaricos, pilros, biluricos, píllaras...) son as que visitan a lagoa no inverno ou as que se deteñen durante as súas viaxes de migración. Aquí tamén atopamos diversos bivalvos como o berberecho ou a coquina.
Os baixíos rochosos son os lugares preferidos polos corvos e as gabitas para o descanso, uníndose a eles os percebes e os mexillóns.
A Costa da Morte foi considerada un dos 20 paraísos mariños debido á diversidade de criaturas que habitan as súas coloridas augas. Read the rest of this entry »
Un día de traballo ao volver da horta oín cantar esta canción de Juanes:
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Parte da letra dicía así:
“Anda moribundo, preocupado, cabizbajo, desenamorado
le tengo la solución si le duele el corazón,
no soy doctor
soy yerbatero
vengo a curar
su mal de amores

soy el que quita los dolores
y habla con los animales
dígame de que sufre usted
que yo le tengo un brebaje
que le devuelve el tono y lo pone bien…”
Pode que os rapaces cando volven da horta, se sintan un pouco “yerbateros”.
Vídeo de youtube sobre a auga, está en inglés pero enténdese.
A idea é do blogue guía de climántica, pero como é boa hai que aproveitala
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Calcula o teu consumo de auga, é doado. Entra no enlace: Water calculator