O nitrato é un composto inorgánico formado por un átomo de nitróxeno (N) e tres átomos de osíxeno (O).Os nitratos son o resultado do ciclo do nitróxeno en que unha bacteria chamada Nitrosomonas, e nitrobacterias son responsables de transformar o amonio en nitratos, unha substancia menos tóxica para a auga.
O consumo de nitratos na auga, pode ser moi nocivo para o home e é especialmente tóxico para nenos. O nitróxeno é un nutriente para as plantas e a súa presenza na auga pode acelerar o crecemento excesivo do fitoplancto, causando a eutrofización.
A eutrofización ocorre cando os nutrientes (tales como os nitratos e os fosfatos) engádense á masa de auga. Estes nutrientes xeralmente proveñen da escorrentía de terras agrícolas e pastos, de augas negras, dos deterxentes, de refugallos dos animais e fosas sépticos con fugas. Os niveis altos de nutrientes nunha masa de auga poden facer que a vida vexetal e as algas florezan. Conforme as plantas crecen, poden afogar a outros organismos. O crecemento de algas pode eventualmente cubrir a superficie da auga. Estas grandes poboacións de plantas producen osíxeno nas capas superiores da auga, pero cando as plantas morren e c
aen ao fondo, son descompostas por bacterias que usan gran parte do osíxeno disolto (OD) nas capas inferiores. As masas de auga con niveis altos de nitratos xeralmente teñen altos niveis de Demanda Biolóxica de Osíxeno (DBO) debido ás bacterias que consomen os refugallos vexetais orgánicos e aos subseguintes baixos niveis de OD.
Si a auga ten menos de 4 partes por millón (ppm) de nitratos, carece de contaminación, pero si o nivel de nitratos supera os 40 ppm ou (40 mg./l.) a auga é non potable. A concentración de 50 mg/l. de nitratos é a máxima que recomenda a Organización Mundial da Saúde
Nitritos: Niveis de entre 0,1 e o,9 mg/l (ou entre 100 e 900 microgr./l.) de nitritos poden presentar problemas de toxicidade, (100 ug/l. microgramos por litro = 0.1 mg/l.)
No curso 2009-10 baixo o proxecto Voz Natura realizamos análises de nitratos no río Traba, en Lousame, A Coruña. Os resultados non superaron 7,5 ppm. A técnica de análise que utilizamos foi extraída do Ministerio de medio Ambiente, Adecagua.
1. Encher o tubo de mostra ata a liña 5 mL.
2. Introducir unha pastilla para análise de nitratos nº1
3. Tapar o tubo e axitalo ata que se disolva por completo a pastilla.
4. Engadir unha pastilla para análise de nitratos nº2
5. Tapar o tubo e axitalo ata disolver a pastilla. Esperar 5 minutos.
6. Comparar a cor da disolución coa carta de cores, o resultado está en partes por millón, ppm. de nitratos
NIVEIS DE NITRATOS E NITRITOS NO ANO 2007, río Traba (Fonte Augas de Galicia, rede de Aforos de Galicia-costa)
