Comeza un novo proxecto, unha nova ilusión e unha nova oportunidade de aprender. Este curso escolar dende Voz Natura propóñenos concienciar ao noso alumnado na redución dos plásticos.
É por isto que decidimos chamar ao noso proxecto…
DESPLASTIFÍCATE
Para comezar o alumnado de 4ºA de Educación Primaria decorou a cortiza da entrada do colexio con este precioso mural.
O profesor Angel Carrecedo veu ao colexio Jaime Balmes a dar unha charla sobre a súa actividade en xenética. Foi entrevistado por un grupo de alumnos de 1º de ESO, aquí deixo o vídeo da entrevista (Novembro de 2018).
O vello e o sapo
Da aldea lonxana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas beiras o céspede mol.
Un vello, arrimado nun pao de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso; unha pedra topóu no camiño
e nela sentóuse pra folgos tomar.
-¡Ai! -dixo-, ¡qué triste!
¡qué triste eu estóu!
I on sapo, que oía,
repuso: -¡Cro, cro!
¡Ás ánemas tocan! … Tal noite como ésta
queimóuseme a casa, morréume a muller;
ardéume a xugada na corte, i a besta,
na terra a semente botóuse a perder.
Vendín prós trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo de entón a pedir;
mais cando non topo pechadas as portas
os cans sáienme a elas e fanme fuxir.
– Canta, sapo, canta;
tí i eu ¡somos dous! … –
I o sapo choroso,
cantaba: -¡Cro, cro!
Soliños estamos entrambos na terra.
mais nela un buraco tí alcontras i eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
i a min as entranas i os ósos me rón.
Tí, nado nos montes, nos montes esperas,
de cote cantando, teu térmeno ver;
eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,
e morte non hacho, si quero morrer.
-Xa tocan … Recemos,
¡que dicen que hai Dios! …-
El reza, i o sapo
cantaba: -¡Cro, cro!
A noite cerraba, i o raio da lúa
nas lívidas cumes comenza a brillar;
curisco que tolle nos álbores brúa
i escóitase ó lexos o lobo oubear.
O probe do vello cos anos cangado
erguéuse da pedra i o pau recadóu;
viróu para os ceos o puño pechado,
e cara ós touzales rosmando marchóu …
Cos ollos seguíndoo
na escura estensión,
o sapo quedouse
cantando: ¡Cro, cro!.
A casa comercial da incubadora que mercamos para as actividades de Voz Natura ten un vídeo que explica o funcionamento. No colexio temos o modelo ET-24, de 24 ovos.
Fase Previa: en decembro levamos a cabo un proxecto de comprensión, cambiou o horario e a maneira de traballar. Pedimos aos alumnos que organizasen grupos de 4-6 alumnos, e que leven para a casa o material (libros, cadernos) que non van precisar e que traian firmada a autorización para empregar o móbil.
Acontecemento inicial: os alumnos atoparon na porta do edificio, polos corredores e na aula imaxes e preguntas que serviron de fíos condutores.
Charla: baixamos a Noia, ao Coliseo Noela para asistir a unha charla sobre aspectos relacionados co pasado medieval de Noia. Polos profesores Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal e o fotógrafo Suso Xogaina.
Visita: cada grupo-clase realizaron unha ruta pola vila, visitando os distintos puntos nos que atopar as pegadas do noso pasado medieval:
A ponte de Traba.
Porta do Hospital de Afora.(Concello)
Hospital de Adentro.
Pazo Dacosta.
Casa da Xouba.
Pazo do Forno do Rato.
Igrexa de San Martiño de Noia e Fortaleza do Tapal.
Santa Mª a Nova e as laudas gremiais.
Busca de información: de volta na aula, cos miniportátiles e o material impreso dispoñible (posibilidade de organizar unha biblioteca na aula de atención), os alumnos buscan a información que van empregar no seu produto. Cada profesor vai pasando polas aulas que lle corresponden segundo o seu horario, servindo como guías nesta tarefa.
5.Elaboración do produto: os alumnos elaboraron o seu produto.