REFORESTACIÓN NOS MONTES QUEIMADOS DO FREIXO

CARMEN BÁRBARA- Profesora 3ºEP

O 20 de abril os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de Primaria tivemos a ocasión de participar nunha experiencia moi especial; ou, máis que participar, deberiamos dicir protagonizar. Da man de Alecrin e seguindo os consellos dos monitores e voluntarios, plantamos nin máis nin menos que 150 árbores. Isto cobra maior importancia se consideramos que a actividade consistía en replantar unha área que fora queimada nos incendios do pasado outubro, nos Montes do Freixo (cara aos Montes dos Pozos, Vigo).

Ademais de construír barreiras naturais frente as escorrentías plantamos, entre outras especies: pereiras, cereixeiras, carballos, sabugueiros e toxos. Os toxos están desaparecendo e son básicos para o mantenemento dos ecosistemas.

No cole, o día anterior, tiveramos unha charla informativa na que Ana, de Alecrin, nos explicou dunha forma moi ilustrativa a problemática que os fatais lumes acontecidos en Galicia supuxeron tanto para a fauna e a flora como para os seres humanos. Expúxonos, dun modo moi claro e realista, a importancia de recupera o antes posible o solo e a biodiversidade nos nosos montes. Aprendemos cousas que descoñeciamos sobre as especies invasoras (como o eucalipto e a acacia) e, sobre todo, decatámonos de que podemos facer moito por recuperar estes ecosistemas.

Así pois, o venres pola mañá, cheos de ánimo e de boas intencións, collemos as pas e cavamos, plantamos, pisamos, aboamos, aseguramos cun pau para que a futura árbore creza dereitiña, regamos… Estamos moi orgullosos de que, traballando en equipo, contribuiramos a rexenerar unha zona da nosa contorna. Agora, se cabe, apreciamos e valoramos máis a importancia de coidar o medio natural.

Estamos felices e satifeitos de poñer o noso gran de area nesta labor e es esperamos que isto non acabe aquí, xa que fan falta máis mans que colaboren.

Por último gustaríanos agradecer, tamén, toda a axuda prestada polos veciños da zona e a comunidade de Montes de Matamá, nos que vimos un amor auténtico pola terra, que transmiten e emociona.

Esta entrada fue publicada en actividades, Biodiversidade, Medio ambiente, Na horta, Para alumnado, Para profesores, Plantar, Sin categoría, Sostenibilidad. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.