ROBOT PARA REGO

As mestras de Infantil propuxéronlle aos pais unha actividade para facer en familia co concepto que traballamos este ano nas manualidades: TRABALLAR COS 3R.

circular padres

Tratábase de facer un invento para xogar, un obxecto útil para algo e, velaí que apareceu un que mesturaba moitos conceptos da filosofía do noso proxecto medio ambiental:

UN ROBOT DE REGO PARA A NOSA HORTA.

IMG-20160510-WA0066

E ata chegou nun bo día, un dos poucos soleado que nos deixou este mes de maio, polo que aproveitamos para estrenalo regando os brotes de cenorias, tomates, pementos, leitugas e demáis hortalizas da nosa horta. Aquí vedes o divertido que resultou a tarefa:

Este é soamente un dos moitos que apareceron na exposición de INVENTOS E RECICLAXE; podedes ver mais fotos de todos os inventos aquí. Coma mostra deixamos estes catro:

Mochila propulsora espacial, Cohete ata a lúa, Títere león e Futbolín.

No colexio, fixeron entre todo o alumnado unha recollida de papel de aluminio das merendas que traen para o recreo, das casas trouxeron bricks de leite  e, no comedor escolar, xuntáronse as tapas dos iogures para poder facer entre todos os artistas de Infantil un robot xigante reutilizando estes materiais. Velaí está de fondo da exposición.

IMG-20160510-WA0042

Esta entrada fue publicada en actividades, Actividades en familia, Para alumnado, Para profesores, Reciclaxe, Recursos na rede, Sin categoría, Sostenibilidad. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.